xoves, 31 de decembro de 2020

FELIZ ANO 2021

 AO 2021 pedímoslle SAÚDE, SAÚDE E MÁIS SAÚDE para poder seguir loitando por conseguir que se cumpran os soños dos nosos alumnos e , como non, tamén os nosos propios. 

BENVIDO!


luns, 21 de decembro de 2020

Vai chegando o Nadal !



Chegou o Nadal e con el os nosos pequenos fan as delicias dos maiores cantando e bailando panxoliñas así de ben.

Desde o EDNL, desde a dirección do centro, os profesores, PAS e demais familia, queremos desexarvos : Saúde!








venres, 11 de decembro de 2020

É HORA DE DEGUSTAR UNHA BOA SOBREMESA! UMMM!

Deliciosa a receita de BISCOITO DE IOGUR que nos comparte hoxe o noso alumno Javier Blanco Morado, de 2º ESO C.

Velaí vai o vídeo demostrativo.



mércores, 2 de decembro de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Decembro

Xa chegando ao último mes do ano...
DECEMBRO:

- En decembro, fume na lareira e auga na lameira .
- O mes de Navidad, non plantes horto nin vaias ao horto nin capes porco.
- Non esperes para Nadal o que non recolliches en maio.

luns, 2 de novembro de 2020

Visita virtual ao Museo do pobo galego

 Museo do pobo galego.

O Museo do Pobo Galego é un museo de carácter antropolóxico, pero tamén acolle salas de pintura, escultura e arte sacra. As principais coleccións están en relación coa cultura popular, gardando valiosos fondos referentes ao mundo mariñeiro e agrario. Outras seccións son as de hábitat, arquitectura, oficios e imprenta, xunto aos espazos dedicados á sociedade. Igualmente posúe unha excelente colección do traxe e encaixe tradicional, así como de instrumentos musicais.
Está ubicado no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela. Este é o primeiro museo de Galicia que, desde a perspectiva da antropoloxía cultural.



domingo, 1 de novembro de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Novembro

NOVEMBRO:

- De Santos a Navidades, inverno de verdade.
- Polo San Martiño, saca ao porco do camiño (meu; alude ao costume de botar os porcos pacer fóra no bo tempo. Logo métense na corte para cebalos).
- Polo San Martiño, mata o porquiño.
- En Santos, neve nos campos.
- Dos Santos ao Nadal, bo é chover e mesmo nevar.
- Polo San Martiño, mátase o porquiño.
- Por Santos, neve nos altos.
- Polo día de Santos, neve nos campos.
- No mes de Santos, neve nos campos.
- Por San Martiño, acaba a sementeira, barra o teu viño.

Cen anos de cultura!

 A revista Nós , de quen tomou o grupo Nós o seu nome está de aniversario: 100 anos !!

  A revista Nós foi importantísima na cultura galega , pois supuxo un impacto cultural e modernizador, ademais tivo un papel fundamental ao aglutinar ao seu redor todo o pensamento galeguista da época.Foi unha revista mensual, cuxo primeiro número veu a luz en 1920. Deixouse de publicar na etapa máis dura da ditadura de Primo de Rivera (1923 a 1925) e , como non , o seu último número foi repartido pouco antes de iniciarse a Guerra Civil española de 1936.

Dirixida por Vicente Risco e con redactores da talla de Cabanillas, Castelao, Florentino Cuevillas, ramón Otero Pedrayo e Antón Losada Diéguez e con colaboradores como Antón e Ramón Villar ponte ou Antonio Noriega Varela, a revista busca continuar coa intención de promover, recuperar e dignificar á nosa lingua ademais de potenciar a nosa cultura, pois os seus artigos variaban da poesía , pintura ou teatro á arte, á arquitectura ou a historia.

O seu director artístico foi Castelao, quen facía os deseños incluso para a publicidade:


Antón Losada Diéguez foi o redactor da mesma e pertencía ao Seminario de Estudos Galego, nado en 1923, que buscaba estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e formar novos investigadores.

Así ben, 114 números de cultura que consolidan a importancia do noso vagaxe cultural e da inquietude dos nosos autores, que buscaron, como grupo Nós, europeizar á nosa cultura.

Parabéns a todos os galegos por amar a terra e, como ben se recollía no saúdo editorial do primeiro numero da revista: “ saúde e terra”.




martes, 27 de outubro de 2020

Versión orixinal!

 Hoxe convidámosvos a ir ao cine en versión orixinal: Nación , A intimidade da historia de Nación é Nieves, personaxe-sibila, e un grupo de operarias no papel de pasadoras, que nos dan a ver o que representa a fin dunha época na que a muller accederá ao traballo industrial.

luns, 19 de outubro de 2020

Museo das peregrinacións

Hoxe toca visitar o Museo das peregrinacións.
Tamén hai moitos museos en Galicia, pero ningún coma o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega). Esta visita virtual permite acceder ás súas salas e colección, que amosa instrumentos e materiais empregados no ensino noutro tempo, fotografías históricas e reconstrucións de aulas de diferentes épocas.



Visita virtual a Santiago

 Hoxe, queremos convidarnos a un visita virtual para poder disfrutar da nosa arte: arquitectura, pintura, escultura...disfrutemos dun percorrido virtual sen necesidade de saír da casa. Aí vai: benvidos á catedral de Santiago 

sábado, 17 de outubro de 2020

E...vai achegándose o magosto

 

E ..vén chegando o magosto para facer as ledicias dos máis larpeiros con toda as variantes de degustación de sobremesas típicas e de comidas elaboradas coa castaña. Se é que a nosa terra , como xa dicían Sinistro total ( versión coa letra en castelán do IES Sentmenat catalán) dá moito de si. É un dos bens máis preciados que temos os galegos. Que nos se diga! Temos de todo! Nós tamén, cos máis pequenos, seguimos a celebrar a nosa riqueza cultural. Para proba, o traballo dos pequenos de catro nos con este vídeo!

Pois velaí vai todo un recetario para que fagades cos vosos fillos, pais, avós  e poidades logo compartir con nós para poder publicar os vosos traballos no blog. é por iso que vos convidamos a que compartades un audio, un video da preparación e/ ou degustación co Equipo de dinamización e normalización da lingua, demostrando así a vosa contribución ao proxecto de renovarse a través da lingua.

Unha aperta forte e lembrade: Esperamos os vosos traballos, traballos que podedes compartir a través dos correos das profesoras de infantil e primaria dos vosos fillos e do seguinte correo: clara.garcia@vedruna.es.



venres, 16 de outubro de 2020

Olga Novo, premio nacional de poesía 2020

 Temos cultura de nós! É cousa de cavilar en como á vez que a nosa cultura pasa por tempos difíciles e torna o auto-odio, está a converterse en non poucos aspectos nunha das máis creativas e orixinais das culturas peninsulares. O derradeiro escintilar da estrela que morre? O agromo dun ecosistema resiliente? O gusto pola nosa literatura está a ter os seus frutos, mellorando cada día o amor pola lingua que nos aprenderon os nosos maiores e que compartimos cos nosos alumnos.

Parabéns á nosa voz poeta polo seu merecido premio: OLGA NOVO.



xoves, 1 de outubro de 2020

luns, 28 de setembro de 2020



Renóvate en galego vai ser o noso obxectivo para traballar este novo curso( aproveitando o obxectivo do curso: Comprometerser coa vida é renovarse) e no que a nosa lura Patuxa muda para ser un polbo que, cos seus oito raxos traballará, dun xeito simbólico, ramas ou materias como: o folclore galego, a gastronomía, os xogos tradicionais, a literatura, as festas, a paisaxe galega, arte e historia e lendas galegas...todo para que a cabeza pensante do polbo artelle distintas accións sobre as profesións que se encargan do estudo das ramas antes citadas, pois temos que renovarnos para mellorar as competencias plurilingüísticas dos nosos alumnos, pois son quen lles dá sentido á nosa profesión.

Presentámosvos a Lito, a nosa nova mascota. Imos aprender moito con el, pois vén aprendido da nosa Patuxa e vainos conquistar. 

Benvidos a un novo curso escolar!!


 

 

martes, 1 de setembro de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Setembro

SETEMBRO:

- As castañas, en agosto arder e en setembro beber.
- Setembro froiteiro, ledo e festeiro.
- San Miguel das uvas maduras, moito me tardas, pouco me duras.
- San Miguel das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.
- Choiva outoneira por San Mateo, a primeira. Vendima feita e palleiro cerrado, fóra criado

sábado, 1 de agosto de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Agosto

AGOSTO:

- No mes de agosto, tosto.
- A chuvia no mes de agosto non é auga, é mel e mosto.
- Agosto, frío no rostro.
- A lama de agosto bota ao home a pedir.
- A lama de agosto e o vento de abril, Deus nos libre dil.
- En agosto secan os montes e en setembro as fontes.

mércores, 1 de xullo de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Xullo

XULLO:

- Cando Santiago é normal, pouca auga na fonte e menos no manantial.
- Cando o Santiago non mexa, Santa Ana levanta a saia.

luns, 1 de xuño de 2020

Frases feitas sobre o tempo. Xuño

XUÑO (SAN XOÁN):

- Mes de San Xoán, mes de fogueiras, sardiñas e pan.
- San Xoán claro, vale máis cás mulas e o carro.
- En San Xoán, anda o cabalo ruán no pan .
- A auga de San Xoán, leva o viño e non dá pan.
- No San Xoán, a sardiña molla o pan.
- Por San Xoán saca as patacas e recolle o pan .
- En San Xoán tanto queixo coma pan.

domingo, 17 de maio de 2020

Mil primaveras máis para a nosa lingua

Mil primaveras máis

Letras galegas 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

Ricardo Carballo Calero

A celebración do Día das Letras Galegas adiase a outubro polo coronavirus, coincidindo co Samaín e coa data de nacemento do autor.




Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa TerraNósGuiónGalizaResolUniversitariosPapel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

     O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"— que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.
     Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
     Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.


XOGOS SOBRE AS NOSAS LETRAS

Desde o EDNL queremos compartir con vós determinados enlaces aos que podedes acceder para aprender dunha maneira lúdica e divertida sobre as nosas letras galegas e a figura de Ricardo Carvalho Calero:

martes, 12 de maio de 2020

12 de maio, día escolar das matemáticas




" As matemáticas son a linguaxe da natureza"

Algunhas das suxestións de lecturas que vos propoñemos para traballar as matemáticas son, entre outros:
Fibonacci: el soñador de números de Joseph D,Agnese ( a partir de 6 anos)
La selva de los números de Ricardo Gómez( 5 a 8 anos)
El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Fabra( a partir de 10 anos)
Planilandia de Edwin A. Abbott ( a partir de 12 anos)
Malditas matemáticas, Alicia en el país de los números de Carlo Frabetti ( 12 anos)
El diablo de los números de Hans Magnus Enzensberger ( a partir de 10 anos)
La sorpresa de los números de Anna Cerasoli ( 10 anos)
Los diez magníficos de Anna Cersoli ( a prtir de 10 anos)
El contable hindú de David Leavitt ( maiores de 12 anos)
La fórmula preferida del profesor de Yoko Ogawa ( 10-12 anos)
El tío Petros y la conjetura de Goldbach ( a partir de 12 anos)
El ocho de Katerine Neville ( a partir de 14 anos)
El asesinato de Pitágoras de Marcos Chicot ( 14 anos)
La incógnita Newton de Catherine Shaw ( 14 anos)

A disfrutar das matemáticas dun xeito divertido! Boa lectura e boa aprendizaxe!!

domingo, 3 de maio de 2020

FELIZ DÍA DA NAI!


Felicidades para todas as que son nais, para as que o foron e malia non estar brillan con luz propia alá arriba, para as que quixeron e non puideron ser, pero coidan igual dos nosos fillos como se foran delas,  para as que o intentan co fin de que pronto o consigan , para as que sen selo exercen como tal, para as que teñen instinto, para as que deciden non selo...para todas nós, creadoras de vida e de vencellos tan fortes que ningún cordón umbilical pode chegar a romper...FELIZ DÍA para todas as nais do mundo!!



" O amor dunha nai é o impulso que lle permite a un ser humán chegar ao imposible"
                                                                                                   Marion c. Garretty

Grazas por estar sempre aí, pola túa paciencia infinita e polo teu amor incondicional.

sábado, 2 de maio de 2020

2 DE MAIO, Día mundial da loita contra o acoso escolar.



O acoso escolar é unha especie de tortura , metódica e sistemática na que o agresor sume á vítima , moitas veces co silencio, a indiferenza ou a complicidade doutros compañeiros. Entre as accións de bullying se identifica: ciberacoso, bloqueo social, acoso, manipulación, intimidación, agresión, ameazas, acoso escolar homofóbico, entre outros. 

Non o permitamos! NUNCA!

venres, 1 de maio de 2020

Frases feitas sobre o tempo. Maio

MAIO:

- Maio paio, San Xoán claro, valen máis cós bois e o carro.
- Detrás de maio vén San Xoán e despois Santa Mariña.
- Maio sen ballós é como home sen collós.
- Auga en maio, pan todo o ano.
- En maio, aínda a vella queima o tallo.
- Maio pardo, San Xoán claro, valen máis que  mula e o carro.
- Maio pardo e San Xoán claro en Santa Mariña dan o resultado.
- No maio, a vella queima o saio.
- Ata o corenta de maio, non quites o saio.
- Días de maio, días de amargura; inda non amanece, xa é noite escura (refírese á longura dos días que os fai penosos para o que traballa duro).
- En maio, de sono caio, xa coa maiola, xa co traballo

martes, 7 de abril de 2020

7 de abril, día mundial da saúde




Desde o ENDL e a comisión de hábitos saudables queremos compartir con vós a nosa preocupación pola nosa mellor arma: a saúde! É o noso ben máis preciado!

Agora, con maior motivo , pois esta pandemia sanitaria que estamos a vivir todos desde o confinamento obrigado , desde que o 15 de marzo fora decretado o estado de alarma, é momento excepcional para agradecer aos noso médicos, sanitarios e a todo o persoal da nosa sanidade por todo o que están a facer.

Grazas por ser os que intentades frear a expansión do coronavirus, médicos, enfermeiras que ocupan a primeira liña bataiando, coidando de pacientes infectados, tranquilizando a quen pode ser positivo, atendendo a aqueles que, polo medo acoden na súa axuda...heroes e heroínas de bata branca que ben merecen o sonoro apluso de todos os que, desde os balcóns, saímos para agradecer dun éxito tan especial o seu traballo. Grazas a todos!

A nosa mellor reflexión: Cóidate e coida a quien tes ao tes carón e lembra: queda na casa!

mércores, 1 de abril de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Abril

ABRIL:

- Abril, augas mil.
- Augas de abril, caben todas nun barril.
- Abril augas mil, caben todas na boca dun barril.
- En abril, espigas mil .
- O sol de abril mata a porca no cubil.
- O abril frío e mollado enche o cileiro e farta o gado.
- En abril, augas mil, e que non salian do seu carril.
- Abril frío e fornos quentes, alegría pos meus dentes.
- Abril sempre será ruín ao entrar ou ao salir.

domingo, 15 de marzo de 2020

As nosas empanadas

A miña nai foi quen me inculcou a importancia da cociña e do aproveitamento das coñecidas coma sobras. Era un bo costume que, en tempo de escasez, resultaba esencial para sobrevivir. Nestes momentos, é bo facer un traballo compartido cos noso fillos para que se distraïan e levemos a situación mellor.
Non debemos esquecer que non debe acabar tanta comida no lixo, así que aproveitamos para convidarvos a disfrutar da nosa cociña tradicional facendo boas empanadas galegas.
Velaí o mapa das nosas deliciosas empanadas:

de millo, de fariña triga, de polbo, de polo, con croques, atún, choco na súa tinta, etc. Calquera que sexa e dá igual do que estea rechea está saborosísima. Agora que chega a primavera, podedes facer e degustar en familia e, como non, mandar fotos que subiremos ao oso blog! 
Agradecemos a vosa colaboración e nós, desde aquí, iremos facilitándovos os ingredientes e a elaboración para que nos digades que tal! Parécevos! pois....adiante o forno!

Clica no enlace para descubrir a nosa primeira proposta: empanada de choco na súa tinta!

Non esquezades mandarnos ás vosas fotos aos nosos correos ou a través dos vosos fillos!

domingo, 8 de marzo de 2020

domingo, 1 de marzo de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Marzo

MARZO:

- Cando o marzo maiea, maio marcea.
- Marzo ventoso, abril chuviñoso.
- Se en marzo oes tronar, prepara as cubas e mais o lagar.
- Marzo airoso, abril chuviñoso, sacan a maio florido e fermoso.
- Marzo marcial, cara de lobo, cara de can.
- Marzo espigarzo.
- Marzo marzán, pola maña cara de rosa, pola tarde cara de can.
- O sol de marzo mata a dama no palacio, o sol de abril mata ao porco no cubil, e o de maio mátao no pasto

luns, 24 de febreiro de 2020

IMAXES NA MEMORIA

Queremos compartir máis fotos que gardan , dando acubillo a sentimentos encontrados, momentos de vida de todas aquelas  persoas que as comparten con nós. É unha honra poder facervos partícipes de tan sensible información.
Grazas!


FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

                                                           FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

venres, 21 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Esta mañá, os nosos alumnos degustaron, na compañía dos compañeiros e cos profes , as sobremesas típicas de entroido. Orellas, filloas, flores, rosquillas, biscoitos...toda unha marabilla de doces para tomar nunca mañá fría como a que tivemos hoxe.
Grazas ás familias pola súa colaboración, pois sen a súa inestimable axuda a celebración non sería posible!


mércores, 19 de febreiro de 2020

O NOSO REFRANEIRO

Haber máis que verzas na ola: Haber outra razón.
Non lle cocer o forno a alguén: Ser impaciente.
Andar a cazola emprestada: Comer de balde, gratis.
Ser amasado en mala artesa: Ser de mala condición.
Meter a súa culler: Inmiscirse inoportunamente.

martes, 4 de febreiro de 2020

IMAXES NA MEMORIA


            QUE SERÍA DE NÓS SEN A MÚSICA?
                                      O CORO DE RUADA( 1919)


sábado, 1 de febreiro de 2020

Frases feitas sobre o tempo:Febreiro

FEBREIRO:

- A xeada de febreiro, mata a vaca e mailo leiro.
- Febreiro frebas dá; se non as deu xa as dará.
- Febreiro, frebas dá; se non a deu xa as dará, ou no principio ou no final.
- En febreiro, cada chouta seu regueiro.
- Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duraras máis catro, non quedaba can nin gato, nin hastas ao carneiro, nin orellas ao pigureiro .
- En febreiro, entra o sol en calquera regueiro.
- No febreiro, se ves verdegar, súbete ao alto, e ponte a chorar e, se ves negrear, ponte a cantar.
- En febreiro, soniño de carneiro; en marzo, soniño no brazo.

venres, 31 de xaneiro de 2020

Nesta foto aparece miña avoa paterna á esquerda con dous dos seus primos, están nun camiño polo que levaban ás vacas e aos becerros a pastar.  Non recorda moi ben o día da foto, pero si contoume que pasaban moito tempo en familia facendo as tarefas de cada día xuntos, xuntábanse para a malla do centeo, para a matanza do porco, para recoller o millo e as uvas, todas estas tarefas ela recórdaas coma unha festa. Ela traballaba todos os días no campo, e despois, máis adiante, comezaba a ir ao mercado co meu avó e vendía parte das colleitas no mercado. 

A foto reflexa o que era o día a día dos meus avós, agora miña avoa bota de menos o campo e de cando en vez, vamos á aldea e pasamos uns días alí, ela o disfruta moito.

venres, 10 de xaneiro de 2020

IMAXES NA MEMORIA


A GUERRA CIVIL

Durante a guerra civil de 1936, o meu bisavó materno, foi perseguido polo bando contrario ao seu pensamento. Como querían matalo, a súa familia escondeuno neste pozo. El, soamente saía un rato durante a noite para comer e poder estirar o corpo. Estivo así case dous meses ata que deixaron de perseguilo.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

IMAXES NA MEMORIA




                                          EN FAMILIA

IMAXES NA MEMORIA

Neste novo ano, queremos seguir agradecendo todas as imaxes que nos compartides e que gardan toda unha vida sen dicir nada. Nelas se agochan os sentimentos máis insospeitados! Benditas fotos!

romaría en familia

descanso tras un duro xornal

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...