DINAMIZA NA TÚA LINGUA
Galicia, sempre no noso corazón!
mércores, 10 de xuño de 2026
O MEU DICIONARIO GALEGO
O FORMIGUEIRO
Benvidos a O Formigueiro! 🐜
Agardamos que o desfrutedes. Que comece o espectáculo! 🎬🐜
martes, 19 de maio de 2026
FESTIVAL DE CANS 19-05-2026
luns, 18 de maio de 2026
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 18 DE MAIO 2026
domingo, 17 de maio de 2026
BEGOÑA CAAMAÑO.
Begoña Caamaño non se achega á literatura como quen busca un refuxio cómodo, senón como quen abre unha fiestra para que entre aire novo. Nacida en Vigo, medrou entre palabras coma as da radio, as do activismo cultural, as do compromiso e, foi facendo da comunicación unha forma de entender o mundo e tamén de transformalo.
Durante anos, a súa voz estivo ligada á radio pública galega, onde non só informaba, senón que tamén deixaba entrever unha mirada crítica e feminista pouco habitual nos espazos máis convencionais. Mais había historias que non cabían nos formatos diarios, relatos que precisaban tempo e outra cadencia. Así foi como chegou á narrativa.
Cando publicou Morgana en Esmelle, non parecía unha estrea, senón a continuación natural de todo o que levaba dentro: unha reinterpretación dos mitos desde unha perspectiva nova, máis libre e máis incómoda. A súa escrita tiña algo de reivindicación e algo de poesía, como se cada frase quixese cuestionar o que sempre se dera por feito.
A súa traxectoria foi breve, pero intensa. Marchou cedo demais, deixando a sensación de que quedaban moitas historias por contar. Aínda así, as que deixou seguen abertas, dialogando con quen as le e lembrando que a literatura tamén pode ser un lugar para discutir o mundo e imaxinar outros posibles.
Grazas, Begoña! Seguimos a traballar pola nosa cultura na nosa lingua.
sábado, 9 de maio de 2026
PREMIOS REC-CURTA 26
Na tarde do venres, 8 de maio, as nosas alumnas Candela, Claudia, Vera e Canela recibiron, de mans de Isabel Valiño, secretaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e de Alfonso Pato, director do Festival de Cans, os premios ás curtas que presentaron: O corazón da terra, que levou un accésit ás mellores localizacións, e O peso da memoria: o exilio, que acadou o premio ao mellor uso da lingua na secuencia narrativa.
Ademais, polo feito de acadar este galardón, o martes 19 acudirán ao Festival de Cans, onde poderán desfrutar dunha serie de actividades programadas no marco do festival.
mércores, 25 de febreiro de 2026
SOBREMESAS DO ENTROIDO
Parabéns, rapaces e rapazas de 1º e 4º ESO, polo ben que ides falando en galego e pola soltura e naturalidade que demostrades cada día ao empregalo. Dá gusto escoitarvos expresárdesvos con tanta confianza, facendo da nosa lingua algo vivo e presente en cada momento.
E que mellor maneira de facelo ca na cociña, compartindo risas, aprendizaxes e, por suposto, conquistándonos a todos coas vosas deliciosas sobremesas. Seguide así, porque estades demostrando que o galego sabe —e moi ben!— a traballo en equipo, creatividade e ilusión.
Aí tedes unha pequena mostra do seu excelente traballo!
Isaac Rivera Martínez (1º ESO)
Sofía Conde Riera
martes, 9 de decembro de 2025
AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO
venres, 26 de setembro de 2025
CEN ANOS DE HISTORIA
26 SETEMBRO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
martes, 9 de setembro de 2025
AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO
O noso alumnado, desde Primaria ata Bacharelato, participa este curso na campaña “Aquí tamén se fala”, en colaboración co comercio da nosa zona. É unha iniciativa cultural que naceu do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Plurilingüe Rafael Dieste (A Coruña), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Xa son máis de 200 centros de toda Galicia e preto de 50.000 estudantes os que se están sumando!
Agardamos que moitos locais se adhiran a esta proposta grazas ao entusiasmo da nosa rapazada, que se está a implicar de cheo para facelo posible.
En Pi e Margall fálase galego. Así o amosarán os comercios que coloquen o cartel nas súas portas, e así o demostraremos tamén nós, con orgullo e alegría por sermos parte dun eslabón nesa cadea de prestixiar á nosa lingua.
Graciñas! Aquí tamén se fala!
E lembra: “o peor galego é o que non se fala”.
Anímate ti tamén: fala galego, celébrao e compárteo!
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...








































