domingo, 26 de novembro de 2017

martes, 21 de novembro de 2017

Impresionante a beleza das nosas fervenzas! Non hai como a Nosa Terra nada comparable.
Disfrutade e facede por visítalas. Moi recomendable.

venres, 17 de novembro de 2017

Actividades do Vindel

Actividades na Universidade de Vigo en torno ao Pergamiño Vindel
Ola a todos! Quérome presentar. Son eu, Patuxa, a Lura que vos vai acompañar outro curso máis é que estará encantada de que a acompañedes e axudedes nesta viaxe alucinante que faremos xuntos..
o meu creador, Saúl, deume vida para poder afrontar todo un reto. E vou traballar para conseguilo.
Estaremos traballando os membros que conformamos o EDNL e os departamentos para conseguir preservar o noso: a nosa cultura, gastronomía, música, literatura, e, sobre todo, a nosa lingua.

sábado, 11 de novembro de 2017

Bendita esquiniña!

Somos esa esquiniña de España que está máis ben esquecida para todo, agás para as burlas do noso acento e para tildarnos de paletos. Pero unha tras outra demostramos de que estamos feitos os galegos . Ante o Prestige remangamos as mangas e veña a quitar chapapote, no accidente de Angrois convertémonos en médicos, enfermeiros, psicólogos e o que fixera falta, e agora fixemos dun caldeiro de auga a nosa mellor ferramenta. Bendita esquiniña, bendito acento e benditos"paletos"

A Lura Patuxa



Aquí está, xa chegou a hora de traballar todos xuntos da man da nosa mascota. Sabedes quen é? Non podía ser outra. A Lura Patuxa.
Para a semana que vén, hase presentar! Ata pronto Patuxa!

Os dereitos dos nenos

Os maiores debemos inculcar e dar amor aos máis cativos para que crezan seguros de sí mesmos, para que aprendan que, con cariño, as cousas ben feitas saen  mellor e, no caso necesario de corrixir, non empregar ningún tipo de violencia: nin fisica nin verbal.
Porque as nosas mans deben ensinar e non pegar.

venres, 10 de novembro de 2017

Velaí unha pequena mostra do no traballo feito polos alumnos de 4º C

Non hai nada mellor que un traballo ben feito. Si, señor! Por iso dá gusto mirar o resultado.
Aquí tedes a posibilidade de consultar a páx web que crearon Juan Gil Pérez , Miguel Martínez, Alejandro Gago e Miguel Lago  para conmemorar o día das nosas letras e render unha sentida homenaxe ao seu autor: Carlos Casares Mouriño.

Esta é a Global muiñeira: sé teimudo!

A disfrutar da global muiñeira e , xa sabes:" sé teimudo"!

xoves, 9 de novembro de 2017


O sábado 18 de novembro ás 20:30h a Concellería de Igualdade proxectará no Auditorio municipal o filme " A palabra xusta", un documental de Miguel Piñeiro.
Como di Aurora Marco "unha historia que segue o percorrido vital da mestra Antía Cal. Unha traxectoria que encheu de admiración e de emoción a sala do cine. Quen se move no mundo da educación, quen anda na busca dunha educación igualitaria, quen quere que se recoñeza o lugar que as mulleres ocupamos no mundo, non debería deixar de ver A palabra xusta".
Título: A Palabra Xusta
Xénero: documental
Dirección: Miguel Piñeiro. Ano: 2016
Duración: 74 minutos
Producción: Atlantis Multimedia
Apta para todos os públicos e co distintivo Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
Lugar: Auditorio municipal do Concello de Vigo. Praza do Rei
Entrada libre ata completar a capacidade do local

Máis información do filme en documentos adxuntos
ARQUIVOS ADXUNTOS: 
DOSSIER_DISTRIBUCION_GALEGO.pdf  3026 KB
Curiosidades varias sobre o noso tempo, malia que non chegaron as tan ansiadas chuvias, logo deste tempo tan irregular.

Velaí vai:

Agora que andamos ás voltas nas aulas co léxico do tempo meterolóxico, e seica por fin chegou o outono e despois do"veroño"e imos deixando atrás tantos meses de calor, saberiades dicir cantas palabras temos os galegos e as galegas para dicirmos "chuva"?

Os esquimais teñen unha gran variedade de palabras para a neve. No caso dos galegos é a choiva, aquí van unhas cantas:

Condensación de Auga:
- Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Bruma, Calixe, Cegoña, Fuscallo, Mera, Néboa, Neboeira, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
Chuvia Feble:
- Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Morriña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
Chuvia Forte:
- Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Choiva, Chuvascada, Chuvasco, Chuvia, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
Con raios e tronos:
- Tempestade, Temporal, Torboada, Torbón, Tormenta, Treboada, Trebón, Tromba…
Con Neve e Xeo:
- Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada,Salpedrés, Sarabia, Sarabiada, Saraiba, Torba…
E logo, cando remata, está a:
- Amainar, Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…

A Nosa lingua

A nosa lingua é o que mellor nos identifica como galegos , é a nosa marca de identidade.  Non debemos esquecer que co galego tamén estamos no mundo e abre moitas portas, aínda que haxa quen así non o vexa. Loitemos  por rexeitar os prexuízos lingüísticos e como dixo Núñez Singala fagámonos sempre a pregunta : e en galego, por que non?
Esteamos lonxe ou non, non debemos deixar de amar a nosa cultura e a nosa lingua sen imposicións, con respecto, interese e curiosidade xa que como lin nalgún sitio: "o que se impón entra por medo e pronto se perde mentras que o que se amosa e se fomenta medra por si só".

Castelao


"O galego foi instrumento maravilloso da grande e única poesía lírica de Hispania e n-el escrebían os enxeños peninsuares -tanto de dentro como de fora de Galiza-, cando a língoa de Castela non tiña categoría literaria. O galego é un idioma estenso e útil, porque -con pequenas variantes-fálase no Brasil, en Portugal e nas colonias portuguesas. O galego rexurdeu no século pasado con poetas tan esgrevios como Rosalía, Curros e Pondal. O noso idioma ten tal fermosura que un poeta andaluz como García Lorca -o poeta mártir- non foi quén de resistir o seu engado e compuxo poemas en galego. O galego -somentes refugado pol-os señoritos ou por traballadores que quixeran ser señoritos- é hoxe o idioma que prefiren os inteleituaes como vehículo da nosa cultura; pero ainda que carecera de tantos méritos contraídos, abondaríalle ser a fala do povo traballador para estar dignificado de por sí, pois o galego é unha executoria viva do traballo e unha cédula honrosa de cibdadanía e democracia. Non esquezamos que si ainda somos galegos é por obra e gracia do idioma."

A. D. Rodríguez Castelao. SEMPRE EN GALIZA.

mércores, 8 de novembro de 2017

Presentación

Hoxe comezamos, con algunhas das integrantes do EDNL ,as profes Patricia, Lidia e Clara e as nosas alumnas Sara e Iria a nosa andaina , unha viaxe pola nosa cultura a través das verbas máis fermosas e acompañadas da nosa literatura, dos nosos costumes, das mellores fotos, dunha selección de actividades de ocio, culturais, de lecer, con curiosidades varias , etc e coa idea de amosar, con moita ilusión , unha nova xanela aberta a unha forma de ser: a nosa, a dos galegos.

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...