xoves, 31 de outubro de 2019

Xa chega o Samaín

Cabazas e disfraces. Esta será a estampa que vexamos nestes días e , como non, na noite do 31 de outubro, pois estase a recuperar unha vella tradición celta, o Samaín, que é da que tamén bebe o
 “ haloween”, importado dos Estados Unidos e que sempre foi descrita como unha noite de comuñón cos espíritos dos defuntos que teñen  nesas datas autorización para camiñar entre os vivos , ademais de ser o momento en que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar aos familiares aínda vivos.


Nesta ocasión, compartimos con vós un vídeo dos alumnos de 2º de primaria que , xunto  á súa profe Teresa, elaboraron marmelo de cabaza para que os pais, avós e demais amigos ou familia, teñan a oportunidade de probala. Abofé que estará deliciosa, pois non hai máis que ver a clase master chef do seu traballo, dedicación e resultado!
Os nosos parabéns para a profe e para os seus alumnos!!👏👏

martes, 15 de outubro de 2019

Eu en ti

“Eu en ti”

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intacta,
cando as cousas buscaban os seus
nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía,
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silencio chamaba polas
verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na tua ialma.

Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado.


POR QUE FALAS GALEGO ? e PARA QUE ? Para que che serve?Pero por que te empeñas en seguir falándoo ?Ademais, que galego falas?Ese inventado ou o bruto de aldea?....

Os galegofalantes teñen que escoitar amiúdo preguntas deste tipo que non só veñen dos castelanfalantes senón toda unha sociedade comesta polos prexuízos e que levan á discriminación dos galegofalantes e a fecharlle ás portas do idioma ao resto dos cidadáns .Mudar a imaxe negativa que existe sobre a nosa lingua é clave para avanzar na súa normalización. 

Mira o seguinte vídeo...pensa...reflexiona....imaxinas a Galicia sen o galego?




luns, 7 de outubro de 2019

Toponimia, curiosidades varias.



Os nomes dos lugares son os testemuños máis fiables do idioma natural dunha zona do mundo. Vigo, de Vicus-i, significaba aldea, Lugo procede do latino Lucus augusti, etc.

En Galiza, os habitantes máis antigos, dende hai máis de catro mil anos, tiñan nomes para designar os lugares naturais máis comúns: montes, prados, pedras, ríos, zonas vexetais... Coa chegada dos celtas, e máis tarde do latín dos romanos, do que deriva a lingua galega e por iso é a lingua orixinal da maioría dos topónimos, o ser humano foi poboando e modificando o territorio galego dándolles nomes aos lugares que habitaban ou creaban: aldeas, vilas, edificios, pontes, tipos de cultivo, nomes do dono dun amplo terreo...

Finalmente, pouco antes de se crear definitivamente o galego, na Alta Idade Media (ss. IX-X), os xermanos trouxeron novas palabras e nomes de persoa, que se fixeron usuais na época medieval e que no caso da toponimia designan o nome do nobre propietario dunhas terras en réxime feudal. O árabe tamén prestou léxico a través do castelán e portugués para a formación case total do idioma.

Neste curso, queremos que aprendades máis sobre a curiosa orixe de montos municipios, parroquias, Vilas, etc e coñecer un poco máis do noso.

mércores, 2 de outubro de 2019

A esfolla


Bos días a todos:
1.- Hoxe, chegado xa o mes de outubro, toca falar sobre un cereal que trouxo Colón das Américas en 1492.

2.- A recollida do millo ou chamada esfolla é un costume tradicional galego. Sabedes en que consiste?

1.- Sinxelo! Só temos que recoller as espigas, lles quitamos as follas e as barbas e logo as colocamos en sacos que se gardan en hórreos para aguantar o inverno.

2.- É un traballo duro, pero moi divertido!

1.- O millo é un cereal sen gluten, rico en fibra e moi dixestivo que se utiliza para facer deliciosas empanadas recheas de berberechos, carne, etc ou o pan de broa que se elabora con fariñas de millo e de centeo recén peneiradas.

2.- Nada máis saudable que o millo para elaborar unha boa comida ou merenda. Para que digan despois os maiores que non sabemos comer!

1.- Xa cho digo! ata a próxima información!

1 e 2- Bo día a todos e a seguir aprendendo!!



A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...