domingo, 25 de novembro de 2018

Máis expresións!

Queredes máis expresións?
Aí tedes!
CAEN CHUZOS DE PUNTA, eh!
  1. A modiño
  2. Marcho que teño que marchar
  3. Éche o que hai!
  4. Parrulo
  5. Bolboreta
  6. Tartaruga
  7. Xanela
  8. Vagalume
  9. Agarimo

xoves, 15 de novembro de 2018

Celebración do MAGOSTO


Aí vai unha adiviña:
Redondiña e moreniña, 
un pouco esmagada, 
pódela comer crúa 
pero tamén cociñada
 que é?

Efectivamente: é a castaña.

Mirade canto de refraneiro popular temos en torno á castaña e é que ,os galegos, somos únicos:

"Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño"

"A castaña no agosto quere beber e no setembro comer",

"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto "


e o mesmo con expresións nas que usamos a palabra castaña como:

"Está forte coma un castiñeiro" para referirnos a alguén que está forte ou que ten boa saúde ou 

"Estralar coma unha castaña" que significa facer algo co que non contabamos, algo inesperado ou

"Sacarlle as castañas do lume a alguén" esta si que a coñecedes, eh!

Pois nós tamén festexamos o noso particular magosto, unha das nosas festas tradicionais que se celebra a finais de outubro ou en novembro en toda Galicia e que xira en torno á castaña e , como non, fixémolo con castañas, xogos tradicionais, cancións, boa compañía...os alumnos de 1º ESO marchamos ao Castro, acompañados das titoras e das profes para disfrutar do tempo de lecer espléndido pois, hoxe,  loce o sol e ademais, quenta!

Degustamos castañas asadas que, por certo, estaban boísimas! e. despois de fartarnos, aproveitamos, uns para bailar, outros para xogar pero, mover movémonos a base de ben. Pasamos unha mañá diferente e na que aprendemos xogando e interactuando coa natureza e cos amigos.


domingo, 11 de novembro de 2018

E... dálle máis!


Quen non oiu aquilo de?

  1. Morra o conto, 
  2. Aí falaches!, 
  3. Sentidiño pouco pero que dure, 
  4. Ao chou,
  5. E logo?,
  6. Sen tempo non era,
  7. Tarde piaches, 
  8. Coma un pito,
  9. Onde vas?
Sabedes o seu significado? 

venres, 9 de novembro de 2018

Aquí estamos!
Como o prometido é débeda, e hoxe estamos de estrea, aí van dúas expresións máis. A ver se as coñecedes! non sexamos repunantiños, porque...




MALO SERÁ!

TANTO ME DÁ

Sóanvos? a que si! máis hoxe, que sae á luz o novo anuncio do GADIS: REPUNANTIÑOS

Recreación virtual de Castelao // Consello Cultura
O histórico discurso " Alba de gloria " de Castealo está de aniversario. Cúmprense 70 anos da súa lectura pois pronunciono en Bos Aires o día 25 de xullo de 1948. Castelao sabía que sería o seu último discurso público e nel lanzaba unha mensaxe de " esperanza e de futuro" que emocionou ao seu auditorio.
O autor falece en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950.

Escoitar e ver o último discurso de Castelao da súa man, cun formato innovador e vangardista. Así é “Alba de Gloria. Unha experiencia”, a mostra que inaugurou este serán en San Domingos de Bonaval a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, canda o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e mais unha nutrida representación de autoridades e personalidades entre as que se atopaba Francisco Castro, director xeral de Galaxia, a editora encargada da reedición do discurso de Castelao.
( Blog da Edit Galaxia)

Grazas a ese labor podemos disfrutar nós hoxe e participar da escoita activa.



xoves, 1 de novembro de 2018

Refráns novembro

Bonito mes: empeza con todo los santos e acaba co san Andrés

Polo Novembro as noites van crecendo.

No mes dos mortos, mata os teus porcos.

Castañas noces e viño, fan as delicias de San Martiño.

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...