martes, 19 de maio de 2026
FESTIVAL DE CANS 19-05-2026
luns, 18 de maio de 2026
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 18 DE MAIO 2026
domingo, 17 de maio de 2026
BEGOÑA CAAMAÑO.
Begoña Caamaño non se achega á literatura como quen busca un refuxio cómodo, senón como quen abre unha fiestra para que entre aire novo. Nacida en Vigo, medrou entre palabras coma as da radio, as do activismo cultural, as do compromiso e, foi facendo da comunicación unha forma de entender o mundo e tamén de transformalo.
Durante anos, a súa voz estivo ligada á radio pública galega, onde non só informaba, senón que tamén deixaba entrever unha mirada crítica e feminista pouco habitual nos espazos máis convencionais. Mais había historias que non cabían nos formatos diarios, relatos que precisaban tempo e outra cadencia. Así foi como chegou á narrativa.
Cando publicou Morgana en Esmelle, non parecía unha estrea, senón a continuación natural de todo o que levaba dentro: unha reinterpretación dos mitos desde unha perspectiva nova, máis libre e máis incómoda. A súa escrita tiña algo de reivindicación e algo de poesía, como se cada frase quixese cuestionar o que sempre se dera por feito.
A súa traxectoria foi breve, pero intensa. Marchou cedo demais, deixando a sensación de que quedaban moitas historias por contar. Aínda así, as que deixou seguen abertas, dialogando con quen as le e lembrando que a literatura tamén pode ser un lugar para discutir o mundo e imaxinar outros posibles.
Grazas, Begoña! Seguimos a traballar pola nosa cultura na nosa lingua.
sábado, 9 de maio de 2026
PREMIOS REC-CURTA 26
Na tarde do venres, 8 de maio, as nosas alumnas Candela, Claudia, Vera e Canela recibiron, de mans de Isabel Valiño, secretaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e de Alfonso Pato, director do Festival de Cans, os premios ás curtas que presentaron: O corazón da terra, que levou un accésit ás mellores localizacións, e O peso da memoria: o exilio, que acadou o premio ao mellor uso da lingua na secuencia narrativa.
Ademais, polo feito de acadar este galardón, o martes 19 acudirán ao Festival de Cans, onde poderán desfrutar dunha serie de actividades programadas no marco do festival.
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...







































