mércores, 31 de outubro de 2018

A sobremesa estrela: as chulas

Para quen se anime a preparar as chulas, velaí vai a nosa receita:

Primeiro hai  que cocer o interior  da cabaza  e despois escurrila  moi ben (incluso colocando un peso enriba para quitarlle a agua). En xeral , para un kilo de cabaza (hai que ter en conta que ao cocer merma moito) fan falta seis ovos, separando claras e xemas, un pouquiño de zume de limón para subir as claras e dúas culleradas  de azucre coas xemas. Antes de botar  a fariña, pódese condimentar   con algún licor, e despois, o proceso é o dunha  filloa normal, botándoas na tixola  (na que haberá un pouco de aceite, manteiga  ou touciño ) cun pincel. Iso sí, se facemos a masa máis espesa (engadindo maior cantidade de fariña) tamén poderemos convertir esas filloas en tortitas, que son outra sobremesa  igualmente saborosa . Pero a listaxe de menús non acaba aquí nin tampouco no popular cabelo de anxo . Recomendámosvos  probar a empanada de cabaza  (haina doce e salgada ), os fritos de cabaza e incluso incluir este producto na tradicionalísima tortilla de pataca. A excepción deste último plato, o limón é parte importante tanto das filloas coma dos fritos, porque como se di, "a cabaza  en sí xa é bastante doce, e ao engadirlle o azucre , aínda acentuamos máis ese sabor, así que o limón rebaixa  un pouco».

Xa sabedes que sobremesas podedes preparar , bo proveito  e a disfrutar!

Aí van as nosas deliciosas sobremesas do 1 de novembro!

Aquí estamos desde o EDNL do cole para invitarlos a degustar sobremesas . Queredes receitas das sobremesas típicas saboreando así platos da nosa mellor gastronomía?
Pois aí vai a explicación de tan deliciosos placeres:

O 1 de novembro é tradición degustar deliciosas sobremesas típicas deste día como ósos de santo, as chulas de vento e panellets.


Ingredientes:
Para o mazapán:
200 grs. de azucre
100 "auga
150 "de améndoa moída
Para o doce de xema:
100 grs. de azucre
50 "de auga
4 xemas de ovo

Preparación:
O mazapán:
Facer xarope forte co azucre e auga, no lume.
Engadir a améndoa e remover fortemente ata formar unha pasta.
Deixar arrefriar mentres se confecciona o doce de xema.
O doce de xema:
Facer xarope forte co azucre e auga. No lume.
Bater as xemas soas e engadir a chorriño o xarope mentres se revolve. (Pode conseguir o batedor).
Botalo de novo na cazola onde se fixo o xarope e poñelo ao bañomaría, revolvendo ata que espese moito. Ter coidado que non ferva, xa que se pode cortar a crema. Deixar arrefriar.
Montaxe dos ósos:
Amasar o mazapán e estiralo co rolo de cociña, nunha superficieespolvoreada con azucre glasé.
Cortar tiras de 4 cms. E logo estas en cadrados.
Enrolar cada cadrado nun paíño de 1 cm. de diámetro. Pegar a masa cos dedos para formar uns pequenos cilindros e pasalas por azucreglasé.
Sacar do pau, deixar secar e encher co doce de xema.


As chulas de vento
É outra das sobremesas típicas da festa de "Todos los Santos". Esta sobremesa faise en todas as rexións de España. As chulas elabóranse a base dunha masa de fariña que se mestura con diferentes ingredientes e que se frite en abundante aceite, teñen diferentes formas pero a máis habitual é a dunha bóla de cor amarela que se enche de nata, crema ou chocolate. Teñen un sabor moi suave e agradable. É un produto de gran tradición que ademais de comprarse nas pastelarías de toda España son moitos os fogares nos que se elaboran artesanalmente.

Os panellets son uns doces tradicionais de Catalunya que se elaboran para tomar a véspera de Todos los Santos e os días que lle rodean, como as chulas, as castañas asadas, as batatas, os dedos de santo... ha moitas variedades de panellets actualmente, pero os máis tradicionais e os que máis nos gustan son os compostos por mazapán que se rebozan con piñóns e se enforna.

Panellets

Ingredientes.
Para o mazapán
500 gramos de améndoa crua moída, 
500 gramos de azucre glass, 
2 claras, 
30 gramos de auga (aprox.),
 ralladura de limón e esencia de vainilla (opcional).

Variedades de panellets
Piñóns, améndoas, coco, chocolate... e 2 xemas de ovo para pintar.

Elaboración
Mestura a améndoa, o azucre glass, a pel relada de limón e a esencia de vainilla. Engade as claras e amasa ata obter unha mestura homoxénea, podes engadir un pouco de auga para que o mazapán resulte máis maleable, máis doada de traballar. Deixa repousar a masa cuberta con filme transparente durante un par de horas.

Os panellets fórmanse facendo boliñas, aínda que tamén se lles poden dar outras formas. É o momento de que os nenos se laven as mans e se poñan o mandil. Que vaian facendo boliñas e depositándoas sobre o prato no que están os piñóns ou as améndoas picadas coas que se rebozarán. Outra opción é, como ves nas imaxes, poñer unha améndoa crua no centro da boliña e aplanar un pouco.

Unha vez que os panellets están ben formados e rebozados cos froitos secos, ponos na bandexa do forno cuberta con papelsulfurizado. Bate as xemas e pinta os panellets para que queden bendoraditos. Prequecer o forno co grill a 170º C e cando estea á temperatura axeitada introduce a bandexa de panellets e enforna durante 10-12 minutos ou ata que teñan unha bonita cor dourada.

Agardamos que as prepares con cariño e que non fagades chegar imaxes en familia, preparando ou , como non podía ser doutra maneira, degustando!
Bo proveito!

luns, 29 de outubro de 2018

Teño morriña, teño saudade...

MORRIÑA

Que palabra tan fermosa! morriña da terra, morriña do noso, que dicía Rosalía de Castro.

É un sentimento de tristeza, é a melancolía que se sente cando se está lonxe da terra en que se nace.

Non podemos confundir morriña con saudade pois,  segundo afirma Ramón Piñeiro, moitas veces, morriña e saudade empréganse como sinónimos, pero son sentimentos diferentes. A saudade é un sentimento que sempre resultou difícil de definir, identificamos a saudade propoñendo varios sentimentos como a nostalxia, a melancolía e a propia morriña; todos correspondentes á liña de tristura. Isto débese a que o carácter depresivo que ten a tristura favorece a interiorización, achega á intimidade e mesmo por iso, ten certo punto de contacto coa saudade. Pero non chegan a ser a mesma cousa. A morriña pode ser, nalgún caso, unha consecuencia da vivencia da saudade. Cando o home sente saudade pode saír deste sentimento de dúas maneiras: ou entregándose a un pulo de transcendencia, o sentido final da cal é a procura do Ser, ou abandonándose a unha especia de pasividade interior "que conduce á caída na morriña" (melancolía).

Outras veces ocorre á inversa: séntese morriña por causas de orixe orgánica, psíquica, moral etc., e o seu efecto depresivo, xunto coa adherencia psicolóxica de tristura, tenden a producir un ensimismamento, unha interiorización anímica que nos pode levar ao sentimento puro da saudade.

Fermosa reflexión sobre un sentimento difícil de explicar.

xoves, 25 de outubro de 2018

As nosas verbas



Ola a todos!

Desde o EDNL puxémonos hai tempo a traballar e recompilar todas aquelas verbas ou expresións que usamos a cotío e que teñen un aquel que namora. Veredes como vos soa e quen ben soan!

Cada quince días, iremos subindo ao blog todas aquelas palabras que estamos seguros de que oístes, en máis dunha ocasión.

Velaí van as primeiras:


SAUDADE 

MORRIÑA

E TI, DE QUEN VÉS SENDO?

venres, 19 de outubro de 2018

Día mundial contra o cancro de mama


Nun día tan sinalado coma o de hoxe, 19 de outubro, día mundial do cancro de mama, a solidariedade contra a enfermidade saiu do cole e fíxoo da man dunha fermosa iniciativa levada a cabo,desde o Departamento de pastoral, cos alumnos de 1º e 2º de Bach, que abandonaron onte as súas aulas, acompañados da súa mochila e as súas mellores intencións de camiñar por unha loita común, unha loita que non coñece nin de sexos, nin de culturas, nin de razas, senón de compartir a oportunidade  de realizar unha actividade ideada como fórmula para convivir, estar en contacto coa natureza, para favorecer o desenvolvemento da personalidade a través do esforzo persoal e como actividade solidaria desde o amor e con respecto por unha enfermidade que se cobra tanta vítimas.

Acompañados dos mellores guías, os profes, saíron para percorrer un tramo do Camiño de Santiago. Foi unha viaxe enchida de lembranzas para os que non están, de acompañamento, para as que están a loitar, de boa sintonía, a dos compañeiros e profes e guiados por un sentimento común: UNIÓN.

POR TODAS, ánimo e e á loita.

Xuntos, lograrémolo!

Vai por todas!💪💪👑





xoves, 18 de outubro de 2018

Xa está aí o tempo do Samaín


Xa case estamos en tempo de Samaín. Que estará argallando a nosa  Lura Patuxa? Que novas nos traerá? Que prepararán os máis cativos do noso pavillón? Que nervios!!!

Agardamos impacientes para compartir un dos costumes máis antergos de Galicia, por suposto sempre acompañados de boas viandas e mellores sobremesas.

Intentaremos sorprendervos con receitas do máis tradicional para que as disfrutedes en compañía da familia e dos amigos e tamén acompañados das lembranzas dos nosos avós. Vai por eles!
Ata pronto!





luns, 15 de outubro de 2018

Galicia, sempre no corazón!

Con motivo do primeiro aniversario da queima desalmada da nosa Terra , o día 15 de outubro, queremos renderlle unha homenaxe coa que reivindicar o amor , a dignidade e a valía humana de todas así persoas que loitaron aquel día tan negro.

Oxalá non se volva repetir, Nunca máis! Que pronto volva ser verde e deixes marca na alma das persoas, como as pegadas dos pés na branca area .


luns, 1 de outubro de 2018

Refráns outubro




Outono quente, trae o demo no ventre.

De setembro a san Simón non comas o mexillón.

Polo san Simón proba o viño, e porco polo san Martiño.

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...