sábado, 19 de maio de 2018

Segunda edición da festa da Lingua


Na tarde de onte, mércores 16 de Maio, no noso cole disfrutamos dunha tarde espectacular: boa compañía, música, gastronomía, xogos tradicionais, unha festa en toda regra e proba disto son as fotos e o vídeo que o demostran. Fotos que adxuntamos, ademais do bo traballo feito polos rapaces, sen o que non sería isto posible. Parabéns a todos e ás familias pola súa colaboración!!


luns, 7 de maio de 2018

Entrega dos premios REc- curta

Entrega dos premios Rec-curta en Santiago de Compostela(fotos do acto)



O venres, 4 de maio, foron entregados, no Hotel Monumento San Francisco, ás cinco da tarde, en Santiago de Compostela, uns galardóns moi especiais: os premios Rec-curta, premios para as curtametraxes feitas polo alumnado e que contan co apoio da Consellería de educación e coa rede de Escolas católicas FEREGA-CECA.
É esta unha actividade de potenciación e dinamización da lingua galega no eido audiovisual, terreo que soe facer as delicias dos nosos alumnos que disfrutan un montón dedicando o seu tempo á elaboración do guión, selección do elenco de actores, a edición, dirección, etc.
No citado acto, correspondente á décima edición, entregáronselle aos alumnos de 4º ESO do noso colexio dous premios excepcionais: un recoñecemento á recuperación doPatrimonio galego pola curtametraxe Ás cinzas dunha vida.e outro ao mellor traballo en equipo por A vida sen ti, ademais de seren dotados, cada un deles, cun premio en metálico de 200 euros. Os premios fóronlles entregados aos compañeiros da man do secretario autonómico de Escolas Católicas, J Ignacio Parajó Calvo e por Charo Baleirón Soñora ás alumnas Judit Iglesias Guillade, Paula Bouzas Bruzos, Carmen Farto Fernández e Helena Queirezaeta Collazo que foron representando aos compañeiros das curtas.
Os premios entregáronse na cidade de Santiago, no salón Carlos V, onde tivo lugar o acto. Foi unha tarde completa, chea de sentimentos agridoces que se mesturaron coa emoción dos premios e a ausencia de todos os compañeiros premiados. Segura estou de que terían disfrutado moitismo escoitando o recoñecemento ao traballo feito.
Parabéns a todos e cada un dos alumnos que prestaron o seu tempo e dedicación á creación da súas curtas: Lucía Álvarez Núñez, Adrián Domínguez Vello, Iago Centeno Pérez, Pablo Domínguez Lima, Pablo Muñoz Sierra, Claritza Neal Batiz, Helena Queirezaeta Collazo, Alejandro Rodríguez Leiro, Claudia Sánchez Magdalena, Clara Varela González, Daniel Abelleira Méndez, Sergio Bernárdez Moreno, Yasmín Carrera Iglesias, Valeria de Álvaro Vieira, Selene Falagán Rodríguez, Judit Iglesias Guillade, Antía Martínez Barros, Gabriel Martínez Pérez, Ana Plaza Badía, María Redondo Morán, Laura Rodríguez Kowalski e Adonais Vigo Pérez, quen creou á banda sonora da curta A vida sen ti tanto a música como a letra foron de creación propia. 
Parabéns pola vosa paixón, por traballar en grupo, por compartir momentos entrañables , por disfrutar facendo unha actividade gratificante , por todo, polo voso traballo!!!
No mesmo acto, foron entregados tamén os premios Frei Martín Sarmiento, que este ano van xa pola súa décimo quinta edición,  unha actividade de animación á lectura en lingua galega mediante a que se propoñen unha serie de libros finalistas en diferentes categorías, desde Educación infantil ata Bacharelato que os alumnos len ao longo do curso e emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das categorías e os gañadores foron: Luis Pliego por Juegos musicales( categoría infantil),Ánxeles Ferrer por El sombrero del mago (primeiro e segundo de primaria), Helena Villar Janeiro por Cuentos del sol y de la luna (terceiro e cuarto de primaria), Xoán Babarro por Hilario y los tres miedos (quinto e sexto de primaria), Francisco Díaz Valadares por Tras la sombra del brujo (primeiro e segundo de ESO), Miguelanxo Prado por Presas fáciles (tercero e cuarto de ESO) e Antón Riveiro Coello por La herida del viento (bachillerato e adultos).

 E os gañadores do concurso de San Valentín son: 1º PREMIO : A túa neta 2º PREMIO: O gato negro 3º PREMIO: O corazón de Estela 1º Accésit: ...