domingo, 17 de maio de 2020

Mil primaveras máis para a nosa lingua

Mil primaveras máis

Letras galegas 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

Ricardo Carballo Calero

A celebración do Día das Letras Galegas adiase a outubro polo coronavirus, coincidindo co Samaín e coa data de nacemento do autor.




Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa TerraNósGuiónGalizaResolUniversitariosPapel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

     O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"— que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.
     Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
     Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.


XOGOS SOBRE AS NOSAS LETRAS

Desde o EDNL queremos compartir con vós determinados enlaces aos que podedes acceder para aprender dunha maneira lúdica e divertida sobre as nosas letras galegas e a figura de Ricardo Carvalho Calero:

martes, 12 de maio de 2020

12 de maio, día escolar das matemáticas




" As matemáticas son a linguaxe da natureza"

Algunhas das suxestións de lecturas que vos propoñemos para traballar as matemáticas son, entre outros:
Fibonacci: el soñador de números de Joseph D,Agnese ( a partir de 6 anos)
La selva de los números de Ricardo Gómez( 5 a 8 anos)
El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Fabra( a partir de 10 anos)
Planilandia de Edwin A. Abbott ( a partir de 12 anos)
Malditas matemáticas, Alicia en el país de los números de Carlo Frabetti ( 12 anos)
El diablo de los números de Hans Magnus Enzensberger ( a partir de 10 anos)
La sorpresa de los números de Anna Cerasoli ( 10 anos)
Los diez magníficos de Anna Cersoli ( a prtir de 10 anos)
El contable hindú de David Leavitt ( maiores de 12 anos)
La fórmula preferida del profesor de Yoko Ogawa ( 10-12 anos)
El tío Petros y la conjetura de Goldbach ( a partir de 12 anos)
El ocho de Katerine Neville ( a partir de 14 anos)
El asesinato de Pitágoras de Marcos Chicot ( 14 anos)
La incógnita Newton de Catherine Shaw ( 14 anos)

A disfrutar das matemáticas dun xeito divertido! Boa lectura e boa aprendizaxe!!

domingo, 3 de maio de 2020

FELIZ DÍA DA NAI!


Felicidades para todas as que son nais, para as que o foron e malia non estar brillan con luz propia alá arriba, para as que quixeron e non puideron ser, pero coidan igual dos nosos fillos como se foran delas,  para as que o intentan co fin de que pronto o consigan , para as que sen selo exercen como tal, para as que teñen instinto, para as que deciden non selo...para todas nós, creadoras de vida e de vencellos tan fortes que ningún cordón umbilical pode chegar a romper...FELIZ DÍA para todas as nais do mundo!!



" O amor dunha nai é o impulso que lle permite a un ser humán chegar ao imposible"
                                                                                                   Marion c. Garretty

Grazas por estar sempre aí, pola túa paciencia infinita e polo teu amor incondicional.

sábado, 2 de maio de 2020

2 DE MAIO, Día mundial da loita contra o acoso escolar.



O acoso escolar é unha especie de tortura , metódica e sistemática na que o agresor sume á vítima , moitas veces co silencio, a indiferenza ou a complicidade doutros compañeiros. Entre as accións de bullying se identifica: ciberacoso, bloqueo social, acoso, manipulación, intimidación, agresión, ameazas, acoso escolar homofóbico, entre outros. 

Non o permitamos! NUNCA!

venres, 1 de maio de 2020

Frases feitas sobre o tempo. Maio

MAIO:

- Maio paio, San Xoán claro, valen máis cós bois e o carro.
- Detrás de maio vén San Xoán e despois Santa Mariña.
- Maio sen ballós é como home sen collós.
- Auga en maio, pan todo o ano.
- En maio, aínda a vella queima o tallo.
- Maio pardo, San Xoán claro, valen máis que  mula e o carro.
- Maio pardo e San Xoán claro en Santa Mariña dan o resultado.
- No maio, a vella queima o saio.
- Ata o corenta de maio, non quites o saio.
- Días de maio, días de amargura; inda non amanece, xa é noite escura (refírese á longura dos días que os fai penosos para o que traballa duro).
- En maio, de sono caio, xa coa maiola, xa co traballo

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...