sábado, 20 de xaneiro de 2018

Visita cultural do Pegamiño Vindel ao museo Mar de Vigo




Na mañá de onte, os alumnos de 3º ESO visitaron, acompañados das súas profesoras Magdalena, Patricia e Clara, o museo Mar de Vigo para descubrir un dos nosos grandes tesouros:

O Pergamiño Vindel. 
Situado o museo nun marco incomparable, é unha visita obrigada pois o documento é unha valiosa mostra da importancia do galego portugués como lingua vehicular durante a Idade Media; un escrito que garda e representa un valor social, histórico e cultural que alberga no seu interior as Cantigas de amigo do gran Martín Códax, trobador galego de quen, malia non ter moita información, se dicía que era de Vigo.
Xa sabedes, ata o 4 de marzo non perdades a grande oportunidade que supón visitar o museo.
 Deixámosvos unha pequena mostra de fotos da nosa experiencia.











xoves, 18 de xaneiro de 2018

Un grande da Nosa cultura: Castelao

O día 30 de xaneiro estamos de aniversario. Cúmprense 132 anos do nacemento dun dos nosos galegos máis ilustres, Alfonso Daniel Rodríguez
Castelao.

Biografía


Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é todo un símbolo do nacionalismo galego, un loitador no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o fondo compromiso que o unía á súa terra, Galicia.
Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Aos once anos emigrou coa súa nai a Arxentina para reencontrarse co pai, que xa marchara primeiro. Á súa volta retomou o bacharelato e cursou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 comezou a traballar como médico na súa vila, mergullándose na política local. Non obstante, a profesión non lograba satisfacelo e, en 1914, unha crise de cegueira acabaría precipitando o seu afastamento dela. En 1916 obtivo unha praza de funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra. Comezaba, entón, unha etapa en que Castelao chegaría a converterse no principal referente da arte galega.
O seu labor céntrase na creación plástica, que manifesta a través de cadros e caricaturas -Nós-, mais tamén é tempo de reflexión sobre as relacións entre a arte e a nación, que exporá na conferencia Arte e galeguismo (1919), e que callarán definitivamente tras a viaxe que realiza en 1921 por Europa -Diarios de Arte-. A partir deste momento, a plástica facilitará a súa entrada na literatura con obras como Cousas da vidaCousasOs dous de sempre ou Retrincos.
O Castelao político xa participara nas Irmandades da Fala desde o nacemento destas en 1916, promovendo a constitución dunha delegación local en Pontevedra, actuando como delegado nas Asambleas Nacionalistas e colaborando n'A Nosa Terra, voceiro das Irmandades. Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas do programa galeguista. A finais dese ano contribuíu con numerosos mitins á unificación e consolidación do noso nacionalismo. Mais os movementos revolucionarios de Asturias e Cataluña en outubro de 1934 provocaron a reacción do goberno conservador descabezando o Partido Galeguista, suspendendo a publicación A Nosa Terra e desterrando a Castelao a Badaxoz. Ao ano seguinte retornou a Pontevedra e, co Partido Galeguista integrado na Fronte Popular, conseguiu, nas eleccións xerais de 1936, o escano co maior número de votos de toda Galicia.
Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que plasma nos álbums de guerra -Galiza mártir, Atila en Galiza, Milicianos-, de gran difusión internacional. Bandeira de todo galeguismo, desenvolveu unha actividade continua no exilio, reorganizando as comunidades galegas coa esperanza de que caese o réxime franquista. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a pintura por mor da súa cegueira, concéntrase na publicación da súa principal obra política Sempre en Galiza.

Nos primeiros meses de 1949 un cancro de pulmón afástao da actividade pública. En 1950, ano en que se disolve o Partido Galeguista, falece en Buenos Aires o día 7 de xaneiro.

Exposición adicada a Fernado Pessoa

http://www.museoreinasofia.es/exposiciones/pessoa
Interesante exposición sobre Pessoa, autor de Os Lusiadas no museo Reina Sofía

Que ben soan as nosas verbas!!


Nesta mañá tan fría, logo de me erguer, véñenme á cabeza, pensando nos meus alumnos, palabras coas que os conquistar, coas que lle recoñecer a importancia da nosa lingua.
Mirade que verbas tan bonitas temos. Cantas veces non as utilizastes ? Palabras coma FoliadaRiquiñoRuliñaAcivro, BrincadeiraXoaniña... verbas tan agarimosas como imprescindibles. Velaí vai unha pequena mostra do noso acerbo lingüístico:
Larpeira, golosa, coñecedes a persoas así?

Lareira,  Lar: Calidade de vida. Pensar nesa calidez do fogar, na calorosa benvida, cousiña tenra. 
Lembranza, Morriña, Saudade: Os noso autores aprendéronnos a importancia de amar á nosa Terra. Certo, os galegos temos o noso temperamento. Pero tamén posuímos verbas como CóxegaBrincadeiraAloumiñoLarpeiradaAgarimoLedicia, Foliada ou Esmorga (un must). 
Riquiño/a: Un adxetivo marabilloso e ademáis cun potencial enorme de exportación. Nós sempre tan correctos!
Carallo: INSUPERABLE. Non saberemos falar pero sempre, enfadados, o usamos. 
Garatuxeiro: Que gaba aos demais en exceso.
Loamiñeiro, un dos insultos como Pailán ou Trapalleiro
Petisco Os nosos pintxos molan moito. Tamén temos, coma os Vascos, as nosas combinacións. 
Berce, Axóuxere, Boneco: Se o galego xa é un idioma agarimoso, que agardar das verbas referidas aos Cativos., eses seres máxicos que enchen as nosas vidas. 
Meigallo: O traballo dunha Meiga. Un Feitizo en plan mal. 
Rabudo: Outra das nosas palabras TOP. 
Amizar: Cando está a rematar a choiva. A podemos incluir nesas  verbas que temos para designar a choiva e todas as súas variantes. Outros fenómenos que pasan no ceo e nos encantan poden ser LuarLóstrego, Treboada ou Brétema
Luscofusco:  Ese momento xusto do solpor no que aínda queda luz solar. Unha desas expresións que non teñen traducción exacta noutro idioma.
Golfiño, Ollomol, Curuxa, Xoaniña, Anduriña, Bolboreta, Besbello, Avelaíña, Paporrubio, Vagalume.

 A Bioloxía en galego é máis fermosa. Como mellorar verbas como RuliñaParrulo ou Galopín
Caluga, Pulso, Colo, Cóbados: A anatomía no noso idioma cobra outra dimensión. 
Luvas:  A podemos incluir no vocabulario futbolero, con outras palabras coma Gardamallas ou Asubío ou padiola
Acivro: Unha das miñas favoritas. Tampouco están mal Toxo ( anda que non somos ás veces toxos, miña naiFolerpa ou Fervenza. Non hai como as nosas)
Bico, facer as beiras e Bágoa: (Haberá outro idioma no que soen mellor estas dúas palabras? Son a combinación perfecta do amor e a xenreira que lle temos ao noso.)

Castelao

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/01/18/derradeira-morada-do-mestre/0003_201801G18P35991.htm

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Pergamiño Vindel

Onte, os alumnos de 1º de bacharelato, desafiando ao mal tempo, desprazáronse ao Museo do Mar para disfrutar dun dos legados máis importantes da Nosa cultura: O Pergamiño Vindel, unha xoia da literatura galego portuguesa que contén sete cantigas de Martín Códax , seis das cales conservan as notas musicais. O documento está exposto ata o mes de marzo no Museo do Mar, en Vigo, acompañado doutras catro pezas que constitúen exposición. .http://www.farodevigo.es/multimedia/videos/gran-vigo/2017-09-23-128738-historica-entrega-pergamino-vindel.html 

 E os gañadores do concurso de San Valentín son: 1º PREMIO : A túa neta 2º PREMIO: O gato negro 3º PREMIO: O corazón de Estela 1º Accésit: ...