mércores, 20 de novembro de 2019

Día universal do neno



Hoxe é o 20 de novembro , un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás personas da importancia de traballar, día a día, polo seu benestar e desenvolvemento.   
UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos. Este 2019 coincide co 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), polo cal é un motivo de dobre celebración para todos.
Desde o colexio, reflexionamos sobre a necesidade de axudar a concienciar sobre a situación.

sábado, 16 de novembro de 2019

Día da tolerancia, 16 de novembro




A tolerancia, nin indulxencia nin indiferenza: respecto!
saber apreciar a riqueza e a variedade das culturas do mundo e as distintas formas de expresión dos seres humanos. A tolerancia recoñece os dereitos humanos universais e as liberdades fundamentais dos outros.  Só a tolerancia pode asegurar a supervivencia de comunidades mixtas en cada rexión del mundo.

venres, 15 de novembro de 2019

As nosas verbas e os seus significados!

Por moito que o queiramos negar, os galegos somos seres divertidos que dispoñemos dunha lingua, ademais de musical e fermosa,  enchida de connotacións e moitos significados. Velaí unha das verbas máis usadas na nos lingua. A palabra carallo e todos os seus posibles significados:

RESIGNACIÓN: Ay que carallo!
INDIGNACIÓN: Que carallo!
CACHONDEO: Bueno, carallo, bueno!
DESPLANTE: Vai ó carallo.
INQUISITIVO: Qué carallo é?
CONTRARIEDADE : Tócalle o carallo.
CANSANCIO: Déixate de caralladas.
OFENSA: Este carallo é parvo.
TEMPLANZA: Cálmate, carallo!
AMEAZA: Ven, carallo, ven.
NEGACIÓN: Non, carallo, non.
NEGACIÓN ROTUNDA: Nin carallo nin nada.
XURAMENTO: Me cago no carallo!
IRA: Me cago no carallo, carallo!
ALABANZA: É un home de carallo.
DÚBIDA: O carallo vintenove.
EXTRAÑEZA: Pero , que carallo pasa?
DESOBEDIENCIA, DESPREZO: Pásame por debaixo do carallo.
ANIMOSO: Dalle, carallo, dalle.
CAPRICHOSO: Salíume do carallo.
CUALITATIVO: Non vale un carallo.
VALORATIVO: Róncalle o carallo.
FATALIDADE : Ten carallo a cousa...!
AGOTAMENTO: Xa estou "hasta" o carallo.
PICARDÍA: O caralliño.
METEOROLOXÍA: Fai un tempo do carallo.
LONXE: No quinto carallo.

É unha evidencia a cantidade de significados variopintos dunha palabra que empregamos en máis dunha ocasión.

luns, 11 de novembro de 2019

Vigo celebra o seu Magosto

Vigo celebra o seu magosto e, desde o colexio, queremos que esteades  ao día para compartir un día distinto coa familia .
 CONTOS, DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS, CHOCOLATE...
VÉN A DISFRUTAR DO OUTONO A VIGO!



venres, 8 de novembro de 2019

Feliz día das librarías!

Pois, en efecto.....Esta mañá fría do 8 de novembro, CONMEMORAMOS  unha data que especial, unha das experiencias vencelladas á lectura que tanto nos presta para falar de libros e de vida, xa que cada libro nos invita a vivir e disfrutar dunha aventura nova, dentro do programa "disfruta da lectura: é vida", promovido polo EDNL . Feliz día das librerías, espazos perfectos para perderse, buscar e atopar  unha aventura, DIFRUTAR dun soño , VIVIR unha historia real...atrévete a gozar do pracer dunha lectura. Un libro é a mellor arma para vencer á ignorancia !
Feliz día das librarías!!

mércores, 6 de novembro de 2019

O Magosto


1.- Bos días a todos.

Xa chega o mes de novembro e con el unha das celebracións máis divertidas para os galegos: O magosto!

2.- O magosto celébrase especialmente na primeira quincena de novembro, entre o Día de Todos os Santos , que é o 1 de novembro e o día de San Martiño , o 11 de novembro.

1.- AAAAHHH, Claro! Por iso o refrán di: “Polo San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".

2.- Sabiades que a castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade ??Desde o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras.

1.- Si, sabiades que as comían asadas, ou facían fariña das castañas secas ou "pilongas", para alimentarse durante todo o ano?

2.- pois aí vai otra curiosidade : é que a casta;a sea do castiñeiro, que unha árbore nobre non só produce castañas. Dános unha magnífica sombra en verán e leña en inverno. E máis ágora que vén o frío!

2.- Xa cho digo! Pois, non podemos perder os nosos costumes e xa é momento de probar o bo viño novo, producido en setembro, na vendima e de comer ricas castañas asadas ou cocidas con esencia de anís.

1 e 2.- Bo día e bos costumes!!
Zona de los archivos adjuntos

venres, 1 de novembro de 2019

Feliz día de todos os Santos!



Rescatando o sentido deste día entre as insulsas cabazas e falsas teas de araña, propoñemos un brindis polos que xa non están. Polos avós, polos pais, tíos, irmáns, curmáns, ...polos amigos e amores que marcharon tan cedo...xa son polvo de estrelas, pero manteñen os seus lares nos nosos corazóns. A todos e cada un deles, un cálido recordo e tres palabras: grazas, perdón e quérovos! Polos que non están con nós. Polos que faltan e deixaron a súa ausencia escrita en nós . Por aqueles que deixaron notas escritas na partitura das nosas vidas. Por aqueles que prometeron ser felices e morreron loitando por conseguilo, por aqueles que non chegaron a ser e por aqueles que morreron cun sorriso na cara tras anos e miles de lembranzas vividas.Acordémonos deles, pois eles son os verdadeiros santos das nosas vidas. 
Feliz día de todos os Santos!

En galego, proba e verás! Os galegos chegamos a calquera sitio.


Viaxa! Orgullosos do nos! Orgullosos do galego!

 E os gañadores do concurso de San Valentín son: 1º PREMIO : A túa neta 2º PREMIO: O gato negro 3º PREMIO: O corazón de Estela 1º Accésit: ...