Por moito que o queiramos negar, os galegos somos seres divertidos que dispoñemos dunha lingua, ademais de musical e fermosa, enchida de connotacións e moitos significados. Velaí unha das verbas máis usadas na nos lingua. A palabra carallo e todos os seus posibles significados:
RESIGNACIÓN: Ay que carallo!
INDIGNACIÓN: Que carallo!
CACHONDEO: Bueno, carallo, bueno!
DESPLANTE: Vai ó carallo.
INQUISITIVO: Qué carallo é?
CONTRARIEDADE : Tócalle o carallo.
CANSANCIO: Déixate de caralladas.
OFENSA: Este carallo é parvo.
TEMPLANZA: Cálmate, carallo!
AMEAZA: Ven, carallo, ven.
NEGACIÓN: Non, carallo, non.
NEGACIÓN ROTUNDA: Nin carallo nin nada.
XURAMENTO: Me cago no carallo!
IRA: Me cago no carallo, carallo!
ALABANZA: É un home de carallo.
DÚBIDA: O carallo vintenove.
EXTRAÑEZA: Pero , que carallo pasa?
DESOBEDIENCIA, DESPREZO: Pásame por debaixo do carallo.
ANIMOSO: Dalle, carallo, dalle.
CAPRICHOSO: Salíume do carallo.
CUALITATIVO: Non vale un carallo.
VALORATIVO: Róncalle o carallo.
FATALIDADE : Ten carallo a cousa...!
AGOTAMENTO: Xa estou "hasta" o carallo.
PICARDÍA: O caralliño.
METEOROLOXÍA: Fai un tempo do carallo.
LONXE: No quinto carallo.
É unha evidencia a cantidade de significados variopintos dunha palabra que empregamos en máis dunha ocasión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario