venres, 1 de novembro de 2019

Feliz día de todos os Santos!



Rescatando o sentido deste día entre as insulsas cabazas e falsas teas de araña, propoñemos un brindis polos que xa non están. Polos avós, polos pais, tíos, irmáns, curmáns, ...polos amigos e amores que marcharon tan cedo...xa son polvo de estrelas, pero manteñen os seus lares nos nosos corazóns. A todos e cada un deles, un cálido recordo e tres palabras: grazas, perdón e quérovos! Polos que non están con nós. Polos que faltan e deixaron a súa ausencia escrita en nós . Por aqueles que deixaron notas escritas na partitura das nosas vidas. Por aqueles que prometeron ser felices e morreron loitando por conseguilo, por aqueles que non chegaron a ser e por aqueles que morreron cun sorriso na cara tras anos e miles de lembranzas vividas.Acordémonos deles, pois eles son os verdadeiros santos das nosas vidas. 
Feliz día de todos os Santos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario