xoves, 18 de xaneiro de 2018

Que ben soan as nosas verbas!!


Nesta mañá tan fría, logo de me erguer, véñenme á cabeza, pensando nos meus alumnos, palabras coas que os conquistar, coas que lle recoñecer a importancia da nosa lingua.
Mirade que verbas tan bonitas temos. Cantas veces non as utilizastes ? Palabras coma FoliadaRiquiñoRuliñaAcivro, BrincadeiraXoaniña... verbas tan agarimosas como imprescindibles. Velaí vai unha pequena mostra do noso acerbo lingüístico:
Larpeira, golosa, coñecedes a persoas así?

Lareira,  Lar: Calidade de vida. Pensar nesa calidez do fogar, na calorosa benvida, cousiña tenra. 
Lembranza, Morriña, Saudade: Os noso autores aprendéronnos a importancia de amar á nosa Terra. Certo, os galegos temos o noso temperamento. Pero tamén posuímos verbas como CóxegaBrincadeiraAloumiñoLarpeiradaAgarimoLedicia, Foliada ou Esmorga (un must). 
Riquiño/a: Un adxetivo marabilloso e ademáis cun potencial enorme de exportación. Nós sempre tan correctos!
Carallo: INSUPERABLE. Non saberemos falar pero sempre, enfadados, o usamos. 
Garatuxeiro: Que gaba aos demais en exceso.
Loamiñeiro, un dos insultos como Pailán ou Trapalleiro
Petisco Os nosos pintxos molan moito. Tamén temos, coma os Vascos, as nosas combinacións. 
Berce, Axóuxere, Boneco: Se o galego xa é un idioma agarimoso, que agardar das verbas referidas aos Cativos., eses seres máxicos que enchen as nosas vidas. 
Meigallo: O traballo dunha Meiga. Un Feitizo en plan mal. 
Rabudo: Outra das nosas palabras TOP. 
Amizar: Cando está a rematar a choiva. A podemos incluir nesas  verbas que temos para designar a choiva e todas as súas variantes. Outros fenómenos que pasan no ceo e nos encantan poden ser LuarLóstrego, Treboada ou Brétema
Luscofusco:  Ese momento xusto do solpor no que aínda queda luz solar. Unha desas expresións que non teñen traducción exacta noutro idioma.
Golfiño, Ollomol, Curuxa, Xoaniña, Anduriña, Bolboreta, Besbello, Avelaíña, Paporrubio, Vagalume.

 A Bioloxía en galego é máis fermosa. Como mellorar verbas como RuliñaParrulo ou Galopín
Caluga, Pulso, Colo, Cóbados: A anatomía no noso idioma cobra outra dimensión. 
Luvas:  A podemos incluir no vocabulario futbolero, con outras palabras coma Gardamallas ou Asubío ou padiola
Acivro: Unha das miñas favoritas. Tampouco están mal Toxo ( anda que non somos ás veces toxos, miña naiFolerpa ou Fervenza. Non hai como as nosas)
Bico, facer as beiras e Bágoa: (Haberá outro idioma no que soen mellor estas dúas palabras? Son a combinación perfecta do amor e a xenreira que lle temos ao noso.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...