martes, 19 de maio de 2026

FESTIVAL DE CANS 19-05-2026

As alumnas de 3º da ESO Claudia, Candela, Vera, Julia, Carlota e Sofía viviron onte unha xornada inesquecible como convidadas de excepción no Festival de Cans, tras recibir o premio ao mellor uso da lingua galega polo seu documental: O peso da memoria: o exilio. 

Foi unha mañá chea de emocións e aprendizaxes: desfrutaron dunha masterclass no Baixo de Carlos sobre a inclusión na cinematografía da man de Pablo Romero Fresco, asistiron á visualización das curtas no Baixo de Mucha e compartiron unha fotografía de grupo co director do festival, Alfonso Pato, con Juana Otero e con Valentín García Gómez. 

Para rematar esta experiencia tan especial, xantamos no Torreiro, un lugar único e emblemático que puxo o broche perfecto a unha xornada de excepción. 

Parabéns polo voso talento, compromiso e amor pola lingua galega! 🏆💛💙👏






Ningún comentario:

Publicar un comentario