luns, 18 de maio de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 18 DE MAIO 2026

 

O luns 18 de maio vivimos un Día das Letras Galegas moi especial no noso centro.

Os maiores convertéronse en padriños e madriñas do alumnado de Educación Infantil, compartindo con eles unha xornada chea de aprendizaxe e emocións. As alumnas de 1º de Bacharelato dramatizaron a figura de Lúa, achegándolles o poder dos nomes galegos e o poder da nosa lingua grazas á figura de Begoña Caamaño.

Ademais, todos e todas desfrutaron de xogos tradicionais e da visita ao museo etnográfico e cultural, onde puideron descubrir e aprender máis sobre a nosa cultura e as nosas raíces. Un día inesquecible para celebrar o orgullo de ser galegos e galegas!






































Ningún comentario:

Publicar un comentario