xoves, 15 de novembro de 2018

Celebración do MAGOSTO


Aí vai unha adiviña:
Redondiña e moreniña, 
un pouco esmagada, 
pódela comer crúa 
pero tamén cociñada
 que é?

Efectivamente: é a castaña.

Mirade canto de refraneiro popular temos en torno á castaña e é que ,os galegos, somos únicos:

"Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño"

"A castaña no agosto quere beber e no setembro comer",

"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto "


e o mesmo con expresións nas que usamos a palabra castaña como:

"Está forte coma un castiñeiro" para referirnos a alguén que está forte ou que ten boa saúde ou 

"Estralar coma unha castaña" que significa facer algo co que non contabamos, algo inesperado ou

"Sacarlle as castañas do lume a alguén" esta si que a coñecedes, eh!

Pois nós tamén festexamos o noso particular magosto, unha das nosas festas tradicionais que se celebra a finais de outubro ou en novembro en toda Galicia e que xira en torno á castaña e , como non, fixémolo con castañas, xogos tradicionais, cancións, boa compañía...os alumnos de 1º ESO marchamos ao Castro, acompañados das titoras e das profes para disfrutar do tempo de lecer espléndido pois, hoxe,  loce o sol e ademais, quenta!

Degustamos castañas asadas que, por certo, estaban boísimas! e. despois de fartarnos, aproveitamos, uns para bailar, outros para xogar pero, mover movémonos a base de ben. Pasamos unha mañá diferente e na que aprendemos xogando e interactuando coa natureza e cos amigos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...