martes, 15 de outubro de 2019

Eu en ti

“Eu en ti”

Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intacta,
cando as cousas buscaban os seus
nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía,
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silencio chamaba polas
verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na tua ialma.

Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PREMIOS REC-CURTA

REC-CURTA 24   Accésit animación Mellor curta 1ª categoría Mellor uso da lingua Mellor actor O venres, 3 de maio, foron entregados, no MUPEG...