xoves, 14 de marzo de 2024

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA: 2º ESO



A visita ao museo é unha aprendizaxe para a vida. Consideramos que é unha moi boa práctica metodolóxica que achega aos alumnos a través dos sentidos, do emocional, do social …a unha aprendizaxe que facilita a reflexión e o enfoque multidisciplinario.

As pinacotecas ofrecen un espacio para admirarse, para recoñecerse, para ver futuras profesións, para crear inquietudes, sexan artísicas, científicas, políticas…poden ser o xermolo para que estas nazan e se consoliden; por iso, os alumnos de 2º ESO realizamos unha visita ao Museo Provincial de Pontevedra, unha das institucións culturais máis recoñecidas de Galicia non só polo seu labor investigador e de promoción cultural senón pola relevancia e heteroxeneidade das obras que custodia: pintura, escultura, fotografía, mobiliario, cerámica, fondos arqueolóxicos, etnográficos, documentais e bibliográficos. Ademais, posúe a maior colección de obras de Castelao, figura clave da cultura e a política galegas.

Creado en 1927 por iniciativa da Deputación de Pontevedra abriu as súas portas dous anos despois. Conta con sete sedes distribuídas polo conxunto histórico de Pontevedra. Percorrémolas todas grazas ás explicacións dos nosos guías, que nos foron permitindo, coas súas explicación, coñecer o desenvolvemento da historia e a arquitectura locais, desde os restos medievais de San Domingos ata os fermosos pazos barrocos da praza da Leña, pasando polos inmobles da rúa Pasantería. O paseo continuou no antigo colexio xesuíta, unido por dúas pasarelas de cristal ao edificio contemporáneo ao que lle dá nome Castelao. O percorrido finalizou no convento de Santa Clara, un espléndido conxunto arquitectónico con máis de sete séculos de historia que se está a rehabilitar para acoller a sétima sede do museo

Accedemos despois ao interior do museo para adentrármonos nun percorrido centrado principalmente na arte galega, máis concretamente na ‘Xeración Doente’ con mención especial a Jenaro Carrero e Ovidio Murguía; Sotomayor, Lloréns e a pintura rexionalista; para seguir avanzando ata chegar á sala de Castelao onde se lles explicou , pormenorizadamente, a obra e a figura de Castelao.

Logo de facer un viaxe no tempo fixemos un percorrido polo casco vello de Pontevedra é o de vencellar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade , difundir a memoria histórica da cidade do Lérez e dinamizar os usos orais da nosa lingua no ámbito urbano; ademáis de disfrutar dunha cidade con moito encanto. Paseamos polas súas prazas , xa que cada unha das historias que albergan as prazas da Ferrería, a praza da verdura, a praza de Teucro, a historia do loro Rabachol, a súa zona vella, as casa nobles blasonadas, os soportáis, as súas fontes , son fabulosas. Visitamos, acompañados de dúas guías,

Logo dun tempo merecido de lecer, marchamos cara á Igrexa da Peregrina, construída en honra á Virxe que guiaba ata Santiago de Compostela aos peregrinos que desembarcaban na localidade de Baiona. Por este motivo, no interior do templo atópase unha preciosa imaxe da Virxe Peregrina que é a patroa de Pontevedra e do Camiño de Santiago Portugués. O resto do interior do templo é moi simple e destaca sobre todo por iso mesmo, pola sinxeleza que posúe e a claridade que ten grazas, en certo xeito ás cores cálidas das paredes e o teito. Tamén destaca do interior a pila de auga bendita que posúe unha forma de cuncha mariña xigantesca e está feita de pedra traída do Pacífico por Méndez Núñez. Os máis atrevidos subiron a súa escaleira para mirar desde o máis alto á virxe.

De volta á casa sobre as catro, sen dúbida, podemos afirmar que o día rematou cun broche de ouro para a nosa viaxe cultural, xa que tivemos a sorte de facela acompañados dun espléndido día soleado malia que cando iamos marchar rompeu a chover, pero o día deunos, entre tanto tren de borrascas, una tregua.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

PREMIOS REC-CURTA

REC-CURTA 24   Accésit animación Mellor curta 1ª categoría Mellor uso da lingua Mellor actor O venres, 3 de maio, foron entregados, no MUPEG...