venres, 3 de maio de 2024

PREMIOS REC-CURTA

REC-CURTA 24
 

Animación
Accésit animación

Mellor curta 1ª categoría


Mellor uso da lingua

Mellor actor
















O venres, 3 de maio, foron entregados, no MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia), ás cinco e media da tarde,  en Santiago de Compostela, uns galardóns moi especiais: os premios da 21ª edición do certame de curtametraxes Rec-curta, premios para as curtametraxes feitas polo alumnado e que contan co apoio da Consellería de educación , da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Editorial Anaya, co patrocinio do festival de Cans e  e coa rede de Escolas católicas.

É esta unha actividade de potenciación e dinamización da lingua galega no eido audiovisual, terreo que soe facer as delicias dos nosos alumnos que disfrutan un montón dedicando o seu tempo á elaboración do guión, selección do elenco de actores, a edición, dirección e posterior gravación.

No citado acto,  a regueifeira Lupe Blanco foi a encargada de conducir o acto e de facer entrega dos premios aos alumnos de 1º e 2º ESO do noso colexio que foron recoñecidos, na 1ª categoría dos premios, con cinco premios excepcionais: un recoñecemento ao Mellor uso da lingua , Mellor cabeceira da curta , mellores localizacións e Mellor película pola curta Segredos escuros, o premio ao mellor actor e que recaeu en Anxo Méndez Albiz , por Lazos de sangue

Parabéns a todos e cada un dos alumnos que prestaron o seu tempo e dedicación á creación da súas curtas e parabéns moi especiais ás alumnas de Segredos escuros, xa que serán convidadas ao Festival de Cans, que se celebrará en Cans a finais de maio:

Parabéns a :Alicia González Rae-Arias (1º A), Carlota Maldonado, Julia Vidueria e Sofía Gutiérrez ( 1º B), Candela Santos, Claudia Álvarez, Canela Ayelén e Vera Rodrígues (1º C) e a Ángela Alonso Guinde.

Anxo Méndez, Arturo Loureiro, Adrián Bernárdez, Freed Marón, Candela Esteban, Candela Cid, Carla Santos, Elena Nogueira, Helena Álvarez, Érika Álvarez, Kevin Taype, Teresa Piñeiro, Fabiano Liendo, Pablo Leal, Yaimeris Castillo e Yennesis Cañizales ( 2º A)

Parabéns pola vosa paixón, polo traballar en grupo, por compartir momentos entrañables, por disfrutar facendo unha actividade gratificante pero, sobre todo, por mergullarvos coa na lingua galega nunha arte fantástica como é o cine en galego : a arte do relato. cine xa que é outra maneira de contar as historias e transmitir as ideas paralela á literatura e porque lles permite aos nosos alumnos expresar a súa creatividade así como descubrir o valor do galego para comunicar o seu propio universo en calquera espazo ou soporte .

Xa o dicía Manuel María,

“GALICIA SOMOS NÓS:

A XENTE E MAILA FALA

SE BUSCAS A GALICIA

EN TI TES QUE ATOPALA”

Que mellor maneira de contribuir a impulsar e promover o uso do galego que que facendo algo gratificante pois se aprende facendo.

Parabéns a todos e grazas á dirección do colexio, aos meus compañeiros que nos permitiron tempo das súas clases e que nos apoiaron en todo momento antes, durante e despois das gravacións e ás miñas compañeiras de secretaría que sufriron a rodaxe en momentos de traballo importantes.

Grazas por todo!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario