domingo, 1 de novembro de 2020

Cen anos de cultura!

 A revista Nós , de quen tomou o grupo Nós o seu nome está de aniversario: 100 anos !!

  A revista Nós foi importantísima na cultura galega , pois supuxo un impacto cultural e modernizador, ademais tivo un papel fundamental ao aglutinar ao seu redor todo o pensamento galeguista da época.Foi unha revista mensual, cuxo primeiro número veu a luz en 1920. Deixouse de publicar na etapa máis dura da ditadura de Primo de Rivera (1923 a 1925) e , como non , o seu último número foi repartido pouco antes de iniciarse a Guerra Civil española de 1936.

Dirixida por Vicente Risco e con redactores da talla de Cabanillas, Castelao, Florentino Cuevillas, ramón Otero Pedrayo e Antón Losada Diéguez e con colaboradores como Antón e Ramón Villar ponte ou Antonio Noriega Varela, a revista busca continuar coa intención de promover, recuperar e dignificar á nosa lingua ademais de potenciar a nosa cultura, pois os seus artigos variaban da poesía , pintura ou teatro á arte, á arquitectura ou a historia.

O seu director artístico foi Castelao, quen facía os deseños incluso para a publicidade:


Antón Losada Diéguez foi o redactor da mesma e pertencía ao Seminario de Estudos Galego, nado en 1923, que buscaba estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e formar novos investigadores.

Así ben, 114 números de cultura que consolidan a importancia do noso vagaxe cultural e da inquietude dos nosos autores, que buscaron, como grupo Nós, europeizar á nosa cultura.

Parabéns a todos os galegos por amar a terra e, como ben se recollía no saúdo editorial do primeiro numero da revista: “ saúde e terra”.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Feliz día da poesía!

Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cintila e escurece. cala, aborrece a mentira, sente odio e tenr...