domingo, 1 de novembro de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Novembro

NOVEMBRO:

- De Santos a Navidades, inverno de verdade.
- Polo San Martiño, saca ao porco do camiño (meu; alude ao costume de botar os porcos pacer fóra no bo tempo. Logo métense na corte para cebalos).
- Polo San Martiño, mata o porquiño.
- En Santos, neve nos campos.
- Dos Santos ao Nadal, bo é chover e mesmo nevar.
- Polo San Martiño, mátase o porquiño.
- Por Santos, neve nos altos.
- Polo día de Santos, neve nos campos.
- No mes de Santos, neve nos campos.
- Por San Martiño, acaba a sementeira, barra o teu viño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero

Chove en Santiago,meu doce amor , de Federico García Lorca versionado por Luar na libre e a incomparable voz de Rosa Cendrón