domingo, 23 de febreiro de 2025

23 F: BENQUERIDA ROSALÍA III

 E agora é a quenda dalgúns dos mellores traballos do alumnado de 4 ESO:

María Febrero Barros e Esther Alonso Rodríguez  

Esther Alonso Rodríguez                            
          María Febrero Barros

23 F: BENQUERIDA ROSALÍA II


 E seguimos contribuíndo ao noso blog con novos vídeos súpero orixinais sobre a figura da nosa poetisa. Neste caso, Javier Sanmartín Heredia e Lía de Oya xunto con Nerea Dorelle

Javier Sanmartín Heredia.1º B


Lía De Oya xunto con Nerea Dorelle.1º B


Candela e Claudia 2º A

23 F: BENQUERIDA ROSALÍA I


Velaquí algúns dos traballos marabillosos e orixinais que elaboraron os noso alumnos de 1º ESO para renderlle unha homenaxe á nosa benquerida Rosalía de Castro!

Grazas Manuela Echevarría e Andrea Rentero xunto con Gabriela Alonso






CARTA DE ROSALÍA DE CASTRO

Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesas dos contos, nun reino afastado, hai moitos, moitos anos; tantos, que non había nin bolígrafos nin computadores e escribíase cunha pluma empapada en tinta

 A diferenza das princesas, nacín cunha particularidade: o día do meu bautizo, nin o meu pai nin a miña nai estiveron presentes e a niña madriña, que non tiña superpoderes nin nada semellante, fíxose cargo de min. Na miña partida de nacemento poñía que era “filla de pais incógnitos”, que é o mesmo que dicir que unha gran interrogación, como unha sombra, que se estendeu toda a miña vida desde o mesmo día do meu nacemento. Por iso cando crecín e pensei en dedicarme a escribir versos e contos para os adultos, sempre algo de tristeza, de culpa e resentimento había en min. Coma se cometese un pecado!

 En realidade, descubrino máis tarde, pois resulta que era filla dun cura e dunha nobre galega cuxa familia xa non tiña moito diñeiro. Chamábanse José Martínez Viojo e María Teresa da Cruz de Castro e Abadía. Aínda que ao principio pasei moita vergoña porque naquela época burlábanse das mamás que tiñan fillos sen estar casadas, aos cinco anos levoume para vivir con ela e deume moito, moito agarimo. Quíxena tanto que, cando morreu, sentinme moi triste e dediqueille un precioso poema titulado Á miña nai. 

Miña nai, miña naiciña, 
como a miña non hai ningunha, 
que me quentaba a cariña 
co calorciño da súa. 
Miña nai, miña naiciña 
como miña nai ningunha. 
Lávame a miña camisa dentro da manga da súa. 

Cando iso ocorreu,eu xa crecera moito e mesmo casei con Manuel Murguía. Do mesmo xeito ca min, era escritor e nacera en Galicia. Coñecémonos en Madrid, cando eu acababa de publicar os meus primeiros poemas e el escribía nun xornal que lle gustaba moito. Tivemos sete fillos, pero sentímonos moi apenados porque dous deles morreron sendo pequenos: Adriano Honorato Alejandro caeu sendo un bebé e Valentina nin sequera gritou ao nacer como o resto dos nenos. 

 Escribín , moitas veces, sobre a dor que sentía e me apenaba e sobre todo deixei claro que para as mulleres da miña época todo foi máis difícil que para os homes. Tamén me poñía moi triste ao afastarme de Galicia, da miña terra e e de que as persoas que traballaban no campo sufrisen moito. Escribin cousas tan importantes e bonitas que aínda hoxe me lembrades, aínda que hai 130 anos que morrín. 

 O meu libro máis importante titúlase Follas novas, e foi moi especial porque escribino en galego nunha época na que case ninguén o facía. E Un dos poemas máis coñecidos dese libro é Negra sombra, no que falaba dos meus medos, deses pensamentos escuros que se repiten, como un pesadelo, e que parecen facernos burla. É certo que tiven unha saúde delicada e esa negra sombra que vía no sol, no río, nas estrelas e na aurora, era unha forma de falar tamén do medo que eu lle tiña á morte. No fondo, como todos os temores, eu sabía que viñan do meu propio interior, que habitaban no meu corazón e que, sen saber como, sempre atopaban a forma de sorprenderme cando cría que xa se desfixera deles. 

Con 48 anos púxenme moi enferma e refuxieime na miña casa de Padrón. Pero grazas á miña imaxinación, logrei vencer os meus medos ao final da miña vida, segundo conta a lenda que, antes de morrerse, pedín que lme puxesen unha flor entre as miñas mans e que abrisen a xanela do meu cuarto “Quero ver o mar”, dixen. E do mesmo xeito que unha interrogación marcaou o meu nacemento, outra marcou a miña despedida. Tras abrir a xanela, todos os que estaban comigo preguntáronse, mentres contemplaban o xardín, co océano a quilómetros e quilómetros de distancia, como conseguira irme coas ondas. 

Espero que vos gustara a niña historia e que, sempre levedes a esta muller nos voso corazóns e, sobre todo, que usedes a vosa lingua e celebredes a cultura marabillosa que temos. 

Unha aperta e un querer ben fondo para todos de Rosalía