Samaín, tempo de tradicións e, sobre todo de medo, moito medo. Os máis pequenos achegáronse a este costume galego que se celebra na noite do 31 de outubro coincidindo co ano novo celta. Nesta noite, ánimas e mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo. Pasárono moi ben e disfrutaron uns días terroríficos nunha data que vivimos con intensidade no noso cole, pois realizaron diversas actividades ralacionadas co Samaín: contacontos, pintaron cabazas arrepiantes, con pantasmas, coas bruxas e cancións tradicionais e outra inventadas xunto coa súa profe.
venres, 29 de outubro de 2021
domingo, 24 de outubro de 2021
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!
CAPÍTULO LVIII da obra de Don Miguel de Cervantes, Don Quijote de la Mancha.
xoves, 21 de outubro de 2021
VIGO EN IMAXES: O BERBÉS E O PORTO PESQUEIRO DE BOUZAS
IMAXES CON MEMORIA
Desde o EDNL apostamos por continuar ampliando o noso arquivo fotográfico sobre a nosa terra e É que, seguras estamos de que a máis de un, cando as mire, viranlle recordos á cabeza, emerxerán sentimentos, recrearán momentos vividos que teñen un valor incalculable. E , para nós, é unha maneira de mantérmonos vivos.
Disfrutemos de Vigo e de como eran a Ribera do Berbés e o porto pesqueiro de Bouzas.
A VENDIMA, QUE HAI MÁIS TRADICIONAL?
luns, 4 de outubro de 2021
TOPONIMIA
Que son os topónimos? Os topónimos son os nomes propios que se lle atribúen a un lugar, rexión ou país e pódense orixinar por características físicas ou materiais do espazo, por nomes dun individuo ( antropónimos), por nomes comúns derivados de linguas antigas ou arcaicas ou por causas descoñecidas. Moitas veces, a toponimia compleméntase coa xeografía, historia e outras ciencias. Pois nesta entrada, toca afianzar conceptos sobre a orixe etimolóxica dos nosos lugares. Velaí vai. Clica
-
Haber máis que verzas na ola: Haber outra razón. Non lle cocer o forno a alguén: Ser impaciente. Andar a cazola emprestada: Comer de balde...
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...