Outro reto acadado!
O outono dános moitas oportunidades para gozar dos nosos costumes: as castañas, as follas caídas, o mosto despois da vendima e, por suposto, acompañado todo dunha canción.
Tras case dous meses de traballo nas viñas vimos de recoller as uvas cando están maduras . A este traballo chámamoslle VENDIMAR e os nosos pequenos aprenderon que as persoas que realizan a vendima chámanse VENDIMADORES. Todos preparados con botas, mandilóns e tesoiras e guiados pola súa mestra, Tere, puxéronse mans á obra e debuxaron eles mesmos as súas uvas para despois colorear e como vendimar é unha tarefa que cansa, intentamos levala mellor cantando, pois os galemos somos xentes moi cantareiras e mantemos as nosas tradicións.
Dá gusto miralos bailar e cantar unha cantiga de labor de tanta raigame e tradición na nosa terra.
Seguro que os rapaces aprenderon moito das uvas e da súa colleita. A canción é moi pegadiza.
Unha enorme aperta e parabéns polo traballo fantástico da súa profe, coma sempre, e cun remate moi marchoso. Xenial, rapaces!!!
Unha aperta forte e a seguir traballando coa lingua!
Ningún comentario:
Publicar un comentario