É imposible entender Galicia sen entender a Rosalía de Castro e a súa obra. Nada en Compostela un 23 de febreiro de 1837, Rosalía converteuse moi cedo nunha das máis notables figuras da cultura galega; poeta e novelista, é, sen dúbida algunha , unha das mellores escritoras da Historia da Literatura de Galicia e de España.
Rosalía destaca como unha rareza no panorama da literatura feminina do século XIX en España. Soubo ensanchar máis que ningunha escritora da súa xeración os estreitos límites nos que se movía a literatura escrita por mulleres, e, neste sentido, a súa aportación só se pode comparar á de Emilia Pardo Bazán, que pertence a unha xeración posterior.
Nin os temas dos seus poemas nin o seu estilo encaixaban co que se consideraba na súa época a literatura feminina; ela quere cantar sentimentos e problemas fondos, comúns a homes e mulleres: a soidade, a morte, a inxustiza, o sentido de la vida... Foi unha abandeirada do feminismo, unha pioneira do feminismo literario en Galicia; a súa obra, sobre todo en prosa, é todo un todo un discurso de empoderamento feminino e reivindicación, todo un exemplo para as futuras xeracións.
O noso cole únese á conmemoración desta data tan significativa a través de traballos dos distintos libros da autora que temos na biblioteca do centro durante toda a semana, do 22 ao 26 de febreiro, co fin de dar a coñecer a súa obra ao alumnado a través dos interesantes exemplares do seus fondos bibliográficos e gravar traballos de recitación de determinados poemas da autora, entre outras actividades a desenvolver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario