xoves, 31 de outubro de 2024

NOITE DE DEFUNTOS

Esta noite celebramos o recordo das persoas que xa non están presentes nesta vida, é esta a noite de atopar as emocións unidas ao pensamento, a noita na que un sorriso emerxa desde ese lugar do corazón, de que unhas bágoas mesturadas con todo un mundo de sentimentos moi de cada un, se desprendan deixando marcas do seu percorrido polas fazulas.

Os Celtas celebraban o nacemento dun aninovo, dando transcendencia a que é o momento no que algo morre e algo renace ; así é a morte, pensamos que somos eternos e que nunca se foron por que estamos unidos sempre a eles.

É tempo de celebración , de antigas tradicións e costumes , esta é a noite para se comunicar con quen xa non está aquí ( sen deixar nunca de estar) e é do todo máis ca posible, xa que di a tradición que o veo do mundo dos vivos co dos mortos retírase e podemos sentir esa comunicación.

Para quen queira facer unha pequena ofrenda de recordo, é o momento de perdoar e de dar as grazas de estar aquí, de ter vida e de ser auténticos. Sintamos esa comunicación e nunca os esquezamos.

Feliz recordo, feliz reencontro , feliz día de todos os santos!


martes, 29 de outubro de 2024

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS 2024

 


                                 "Se pegamos o oído á terra, oiremos o seu lamento”

 Parabéns ao noso escritor, Manuel Rivas, pois vén de gañar o Premio Nacional das Letras Españolas 2024, certame que recoñece o incesante labor do prolífico escritor e que distingue a súa extraordinaria calidade narrativa cunha traxectoria coherente e asentada na defensa, desde a sensibilidade, da memoria histórica, a responsabilidade para coa sociedade e o máis importante, sempre en lingua galega. 

sábado, 26 de outubro de 2024

SAMAÍN


Achégase unha das datas máis terroríficas do ano: a noite do 31 de outubro. Aínda que este día asóciase co Halloween ou a noite de mortos, esta celebración estadounidense ten a súa orixe nos celtas de Galicia. O Samaín é unha das festas máis antigas que se coñece e está vinculada coa terra e a labranza.

E, sabedes de onde vén este termo? pois, provén do gaélico (unha subfamilia das linguas celtas) e a súa tradución é 'final do verán'. Isto está relacionado directamente co calendario celta, que dividía o ano en dúas metades: a escura, que comezaba o mes de samonios (entre outubro e novembro), e a clara, que arrincaba no mes de giamonios (entre abril e maio). Ademais, existía a crenza de que durante a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro os defuntos volvían ao mundo dos mortos, polo que se disfrazaban para escorrentar aos espíritos malos —traían presaxios e cultivas mañas durante todo o ano para a familia— e deixaban comida e agasallos para os bos.

Se non tes medo, accede ao genially e crea unha terrorífica historia de medo. Atréveste ? Dálle e compártenola!



martes, 15 de outubro de 2024

DÍA DA MULLER RURAL

Hoxe é o Día da Muller Rural e nós queremos festexalo con todas as mullerazas do noso rural galego. 👏💪 Recoñezamos cada día o seu labor pois traballan moi duro e, ás veces, con condicións climatóloxicas adversas! As mulleres son a vida das nosas aldeas.

Grazas por tanto!

sábado, 12 de outubro de 2024

PREMIO NOBEL LITERATURA

Han Kang

Han Kang, a escritora surcoreana, gañadora do Nobel de Literatura, non fará ningunha aparición mediática nin celebrará con actos festivos o premio "mentres haxa guerras no mundo"
"Me tomaré un té con mi hijo.
Lo celebraré de forma tranquila. La Academia no me ha dado este premio para que lo disfrutemos sino para que mantengamos la mente más clara".
( Almudena Ariza)

A súa é unha prosa poética intensa na que expón a fraxilidade humana e na que aborda traumas históricos.