xoves, 31 de outubro de 2024

NOITE DE DEFUNTOS

Esta noite celebramos o recordo das persoas que xa non están presentes nesta vida, é esta a noite de atopar as emocións unidas ao pensamento, a noita na que un sorriso emerxa desde ese lugar do corazón, de que unhas bágoas mesturadas con todo un mundo de sentimentos moi de cada un, se desprendan deixando marcas do seu percorrido polas fazulas.

Os Celtas celebraban o nacemento dun aninovo, dando transcendencia a que é o momento no que algo morre e algo renace ; así é a morte, pensamos que somos eternos e que nunca se foron por que estamos unidos sempre a eles.

É tempo de celebración , de antigas tradicións e costumes , esta é a noite para se comunicar con quen xa non está aquí ( sen deixar nunca de estar) e é do todo máis ca posible, xa que di a tradición que o veo do mundo dos vivos co dos mortos retírase e podemos sentir esa comunicación.

Para quen queira facer unha pequena ofrenda de recordo, é o momento de perdoar e de dar as grazas de estar aquí, de ter vida e de ser auténticos. Sintamos esa comunicación e nunca os esquezamos.

Feliz recordo, feliz reencontro , feliz día de todos os santos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario