venres, 30 de outubro de 2020
xoves, 29 de outubro de 2020
martes, 27 de outubro de 2020
Versión orixinal!
Hoxe convidámosvos a ir ao cine en versión orixinal: Nación , A intimidade da historia de Nación é Nieves, personaxe-sibila, e un grupo de operarias no papel de pasadoras, que nos dan a ver o que representa a fin dunha época na que a muller accederá ao traballo industrial.
luns, 26 de outubro de 2020
luns, 19 de outubro de 2020
Museo das peregrinacións
Visita virtual a Santiago
Hoxe, queremos convidarnos a un visita virtual para poder disfrutar da nosa arte: arquitectura, pintura, escultura...disfrutemos dun percorrido virtual sen necesidade de saír da casa. Aí vai: benvidos á catedral de Santiago
sábado, 17 de outubro de 2020
E...vai achegándose o magosto
E ..vén chegando o magosto para facer as ledicias dos máis larpeiros con toda as variantes de degustación de sobremesas típicas e de comidas elaboradas coa castaña. Se é que a nosa terra , como xa dicían Sinistro total ( versión coa letra en castelán do IES Sentmenat catalán) dá moito de si. É un dos bens máis preciados que temos os galegos. Que nos se diga! Temos de todo! Nós tamén, cos máis pequenos, seguimos a celebrar a nosa riqueza cultural. Para proba, o traballo dos pequenos de catro nos con este vídeo!
Pois velaí vai todo un recetario para que fagades cos vosos fillos, pais, avós e poidades logo compartir con nós para poder publicar os vosos traballos no blog. é por iso que vos convidamos a que compartades un audio, un video da preparación e/ ou degustación co Equipo de dinamización e normalización da lingua, demostrando así a vosa contribución ao proxecto de renovarse a través da lingua.
Unha aperta forte e lembrade: Esperamos os vosos traballos, traballos que podedes compartir a través dos correos das profesoras de infantil e primaria dos vosos fillos e do seguinte correo: clara.garcia@vedruna.es.
venres, 16 de outubro de 2020
Olga Novo, premio nacional de poesía 2020
Temos cultura de nós! É cousa de cavilar en como á vez que a nosa cultura pasa por tempos difíciles e torna o auto-odio, está a converterse en non poucos aspectos nunha das máis creativas e orixinais das culturas peninsulares. O derradeiro escintilar da estrela que morre? O agromo dun ecosistema resiliente? O gusto pola nosa literatura está a ter os seus frutos, mellorando cada día o amor pola lingua que nos aprenderon os nosos maiores e que compartimos cos nosos alumnos.
Parabéns á nosa voz poeta polo seu merecido premio: OLGA NOVO.
xoves, 1 de outubro de 2020
Frases feitas sobre o tempo : Outubro
- Ano de moitos ourizos, non prepares o canizo .
- Por San Froilán, mete a rella e terás pan.
-
Haber máis que verzas na ola: Haber outra razón. Non lle cocer o forno a alguén: Ser impaciente. Andar a cazola emprestada: Comer de balde...
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...