xoves, 22 de decembro de 2022

 Desde o EDNL do colexio, desexámosvos unhas boas festas e unha boa entrada no ano 2023.

Non esquezades que, o mellor que podemos facer é:

1. Desfrutar moito de cada membro da familia: ri con ela, fala moito, abrázaos, escóitaos, quéreos…

2. Vive o Nadal en directo, gardando nas meniñas dos teus ollos cada vivencia , cada momento e éncheo de ilusión.

3. Escríbelle unha postal aos que queiras moito, pois será o agasallo que garden, como lembranza, toda unha vida.

4. Canta moito, sen importar o ton. A música é vida.

5. Le, le moito, tanto que non permitas oxidar os teus coñecementos e nútreos coas historias dos libros.

6. Tira moitas fotos en familia e cos amigos para facer un álbum enchido de recordos inesquencibles.

7.  Cóidate e coida dos teus. Son o teu mellor agasallo.

8. E soña, porque no Nadal, todo se pode facer realidade.


Boas festas, familia!



martes, 11 de outubro de 2022

REFRÁNS E FRASES FEITAS



 
E así empezamos un novo curso escolar, facendo acopio de refráns que nos aprenderon os nosos maiores e que debemos dar a coñecer aos nosos alumnos para que sexan eles os mellores testemuñas da transmisión cultural.
Por unha fonte de sabiduría pura! 

sábado, 25 de xuño de 2022

FELIZ DESCANSO ESTIVAL EN FAMILIA!



A proximidade do verán comeza a facerse notar nas nosas vidas: os días máis longos, a subida de temperaturas, os ceos máis claros, a ausencia de nubes... Todo invita a sacar xa dos armarios as toallas, os traxes de baño, as cremas solares, a roupa máis fresca e deportiva, as sandalias, os sombreiros e as gafas de sol... Que mellor época do ano para gozar da tranquilidade de ler un libro e esquecerse de todos os problemas? Os libros converteranse en compañeiros de xornadas de sol e praia, de saídas ao monte, de recunchos de plácido descanso nas casas despois das comidas e de solpores á beira do mar.
Boa lectura, bo verán para todos e lembra percorrer a túa terra !
Ata setembro!




domingo, 5 de xuño de 2022

Día mundial do Medio Ambiente



O 5 de xuño Nacións Unidas celebra o Día Mundial do Medio Ambiente.
Este ano destacamos, aínda máis, a necesidade de coidar mellor a natureza e restaurar os ecosistemas.
O coidado da terra depende de nós e do mimo que teñamos con ela.

Está nas miñas mans, nas túas, nas nosas.





sábado, 14 de maio de 2022

PREMIOS REC-CURTA


Mellor actriz Sabela González Grossi por Cómplices.

MELLOR EDICIÓN por O silencio roto
Mellor guión por O silencio roto

Mellor música orixinal por Cómplices

Accésit á participación en equipo

Mellor edición por O silencio roto
















Na tarde do xoves, 12 de maio, no Museo pedagóxico de Santiago de Compostela, foron entregados os premios da 18ª edición do certame de curtametraxes REC-Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio de Cans e das editorias galegas.

CÓMPLICES
O acto foi presentado por Charo Valeirón Soñora, encargada do Departamento de Innovación pedagóxica de Escolas Católicas acompañada  de  Juana Mª Otero Torres , secretaria autonómica e polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Os nosos alumnos participaron coas curtametraxes: Cómplices , presentado polos alumnos de 2º C e B, Marcos , Sabela , Laura, Olalla, Paula, Marta, Carla e Arianna Guanipa e O silencio roto, de 2º A, composto polo equipo formado polos alumnos Samantha, José, Laura, Gabriela, Javier, Liam, Lucas Vázquez, Lucas Meana, Manuel, Marina, Sabela, Aldana, Blanca, Miguel, Pedro, Sarah, Xacobe , Zoe e Ánxela.

REC-CURTA serviulles para poñer en práctica as súas capacidades como guionistas, actores e actrices e como creadores das súas propias ficcións cinematográficas en lingua galega ademais de disfrutar dunha maneira lúdica e entretida sen ser conscientes de que estaban a traballar. Os seus traballos foron recoñecidos cos premios á mellor actriz para Sabela González Grossi, mellor música orixinal, mellor edición e guión ademáis de sendos accésits.

Desde aquí, queremos facer unha mención especial para os alumnos de 4º B pola súa participación coa súa curta Venres de lenda.

Hoxe é un gran día e debemos felicitalos, pois ámbalas dúas curtas tiveron uns premios ben merecidos!

Parabéns, rapaces!! Os nosos agradecementos pola vosa disposición ao traballo. 



sábado, 23 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO!

A lectura estimula a empatía, o pensamento crítico a a confianza ao falar; ademais de que axuda a aumentar a capacidade de concentración, a análise e a interpretación de textos: por iso nun día tan especial coma o de hoxe, desde o EDNL e o departamento de linguas, queremos invitarvos a ler.

Ler enriquece e fai ás persoas máis libres e educadas. Le, read, lire, leer...

Recomendámosvos, entre outras lecturas:

A nena do vestido de flores O que sei do silencio de Andrea Maceiras

Ninguén morreu de ler poesía de Aldoalado

A nena do vestido de flores de Manuel Fontemoura

O conserxe de Xosé Luís Vázquez Somoza

La vida tiene un plan perfecto para ti de Maud Ankaqua

Ardora de Beatriz Máceda 




mércores, 6 de abril de 2022

79 anos do nacemento de O Principiño


 
Hoxe é un deses días especiais que nunca esquecemos os amantes da lectura, pois O Principiño cumpre 79 anos da súa primeira publicación; un libro marabillosos para ler e reler en todas as idades.


Clica no enlace e vive con el aventuras polos distintos planetas aos que viaxa e lembra: " O esencial é invisible aos ollos"


venres, 25 de febreiro de 2022

SOBREMESAS DO ENTROIDO ELABORADAS POLOS ALUMNOS DE 2º


Os nosos alumnos de 2º ESO, demostran as súas habilidades na cociña e agasállannos coa preparación de deliciosas sobremesas, as máis típicas do outono galego. Un tempo moi especial en Galicia, xa que é un momento de transición entre os nosos marabillosos veráns, cheos de festas e incribles paisaxes marítimas ... aos nosos invernos duros, húmidos e fríos, aínda que este inverno estea a ser...un pouco quente de máis.

Este contraste é sen dúbida unha das cousas que máis marcan o carácter dos galegos: podemos ser os máis alegres e saíntes ou os máis serios e caseiros. Só... ¡Depende! 



Os galegos somos xente riquiña e moi larpeiros! Logo de ver os seus traballos, estamos convencidos de que pensaredes coma nós: xa están preparados para poder ir a Masterchef junior, chispas! fixéronno estupendamente ben. 

Velaí vai unha pequena mostra dos seus traballos, pero non queremos deixar de darlles as grazas polo seu traballo. 

Parabéns a : 

José Fernández Muñiz, Nerea González,  Samantha Fernández, Xacobe Gil Pena, Ánxela Álvarez Rendo, Fernando Conde Riera, Carla Fontenla Julián, Alicia Costas Rosende, Antía Suárez Rodríguez, Noa Sotelo Armesto, Arianna Guanipa Prays, Carmen Álvarez Losada, Marta Magdalena Vázquez, Olalla Fernández Insua, Paula Collazo García, Rodrigo Martíns Vázquez, Alba Negreira ,Carla Pato Otero, Jacobo García Gunche, Joao Daniel De Paiva, Laura Fernández Domínguez, Lucas Lourido Costas, Lucía Gil Pombo, Marcos Valia García González, Mario Santos Calvete, Martín Comesaña Laso, María Marra Alonso, Sabela González Grosi, Arianna Gea Conde, Alejandro Paz Heredia, Guillermo Fernández Pousa e Sergio Berto Pardellas.

mércores, 23 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


É imposible entender Galicia sen entender a Rosalía de Castro e a súa obra. Nada en Compostela un 23 de febreiro de 1837, Rosalía converteuse moi cedo nunha das máis notables figuras da cultura galega; poeta e novelista, é, sen dúbida algunha , unha das mellores escritoras da Historia da Literatura de Galicia e de España.

Rosalía destaca como unha rareza no panorama da literatura feminina do século XIX en España. Soubo ensanchar máis que ningunha escritora da súa xeración os estreitos límites nos que se movía a literatura escrita por mulleres, e, neste sentido, a súa aportación só se pode comparar á de Emilia Pardo Bazán, que pertence a unha xeración posterior.
Nin os temas dos seus poemas nin o seu estilo encaixaban co que se consideraba na súa época a literatura feminina; ela quere cantar sentimentos e problemas fondos, comúns a homes e mulleres: a soidade, a morte, a inxustiza, o sentido de la vida... Foi unha abandeirada do feminismo, unha pioneira do feminismo literario en Galicia; a súa obra, sobre todo en prosa, é todo un todo un discurso de empoderamento feminino e reivindicación, todo un exemplo para as futuras xeracións.

O noso cole únese á conmemoración desta data tan significativa a través de traballos dos distintos libros da autora que temos na biblioteca do centro durante toda a semana, do 22 ao 26 de febreiro, co fin de dar a coñecer a súa obra ao alumnado a través dos interesantes exemplares do seus fondos bibliográficos e gravar traballos de recitación de determinados poemas da autora, entre outras actividades a desenvolver.




domingo, 6 de febreiro de 2022

TANXUGUEIRAS: Terra

 

TANXUGUEIRAS
                                 Terra

                     .....non hai fronteiras...

As fronteiras son como as meigas
non queremos crer nelas,
 pero...


                                    HABELAS, HAINAS.

                            

Ailara-lalá
Ailara-lala
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Ailara-lala

Esta noite hai foliada
Esta noite hai serán
Agárdoche no terreiro

Compañeiriña leal
Compañeiriña leal
Compañeiriña leal
Esta noite hai foliada

Para cantar veño eu
Coa pandeireta na man
Aturuxa canda min
Que nos escoiten berrar
Que nos escoiten berrar
Que nos escoiten berrar
Coa pandeireta na man

Ailara-lalá
Ailara-lala
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailaralala
Ailaralalaa
Ailaralala
Non hai fronteiras

Canta ti, cantarei eu
Co xeito das nosas nais
Festexaremos a vida

Da xente que está a bailar
Da xente que está a bailar
Da xente que está a bailar
Co xeito das nosas mans

Ailara-lalá
Ailaral-ala
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lala
Ez dago mugarik

Ailara-lalá
Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lala
Ailara-lala
Ailara-lala
No hi ha fronteres

Aí veñen, Aí veñen
Veñen pra quedar
Esas bravas gorxas

De fondo cantar
De fondo cantar
De fondo cantar
Aí veñen, Aí veñen

Veñen pra quedar

Veñen pra quedar
Veñen pra quedar
Veñen pra quedar

Veñen pra quedar
Veñen pra quedar
Veñen pra quedar

Pra quedar, pra quedar

Veñen pra quedar
Veñen pra quedar
Veñen pra quedar

Ailara-lalá
Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Nun hai fronteres

Ailara-lalá
Ailara-lalaa
Ailara-lala
Ailara-lalala

Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
Ailara-lalaa
No hay fronteras

domingo, 30 de xaneiro de 2022

O 30 de xaneiro de cada ano celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia



É esta unha data que, desde o ano 1964, conmemora o falecemento de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e la resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro.
Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos coa defensa dos seus dereitos e dos de outras persoa
Sen paz, estabilidade, dereitos humanos e gobernabilidade efectiva baseada nun Estado de dereito, non é posible acadar o desenvolvemento sostible. Vivimos nun mundo cada vez máis dividido. Algunhas rexións gozan de niveis permanentes de paz, seguridade e prosperidade, mentres que outras caen en ciclos aparentemente eternos de conflito e violencia. De ningunha maneira se trata de algo inevitable e debe ser abordado. Por iso é fundamental contribuír a cambiar este mundo, para que os nosos fillos poidan recoller o testigo noso e levar a paz onde quiera que vaian e dar sempre exemplo.