sábado, 25 de xuño de 2022

FELIZ DESCANSO ESTIVAL EN FAMILIA!



A proximidade do verán comeza a facerse notar nas nosas vidas: os días máis longos, a subida de temperaturas, os ceos máis claros, a ausencia de nubes... Todo invita a sacar xa dos armarios as toallas, os traxes de baño, as cremas solares, a roupa máis fresca e deportiva, as sandalias, os sombreiros e as gafas de sol... Que mellor época do ano para gozar da tranquilidade de ler un libro e esquecerse de todos os problemas? Os libros converteranse en compañeiros de xornadas de sol e praia, de saídas ao monte, de recunchos de plácido descanso nas casas despois das comidas e de solpores á beira do mar.
Boa lectura, bo verán para todos e lembra percorrer a túa terra !
Ata setembro!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

FELIZ DESCANSO ESTIVAL EN FAMILIA!

A proximidade do verán comeza a facerse notar nas nosas vidas: os días máis longos, a subida de temperaturas, os ceos máis claros, a ausenci...