venres, 13 de outubro de 2023

OLIVEIRA DOS CEN ANOS

Que ben soa a nosa lingua de boca de todos os nosos alumnos!  Oliveira dos cen anos é todo un himno celeste que serviu para que todo o cole, desde os máis cativos até os maiores entoasen este cántico de corazón  e felicitar así ao noso equipo vigués con motivo do seu centenario.

 A nosa intención non era outra que a de unir a toda a rapazada do cole cun eixo común: felicitar ao club vigués polos 100 anos de vida que está a celebrar neste 2023 interpretando ao unísono o himno composto por C. Tangana con ese mesmo motivo do centenario, Oliveira dous cen anos.

Foi un éxito rotundo, pois creamos unha auténtica marea celeste no patio que mesmo se puido ver nalgún ensaio os días previos, porque algúns xa levaban as pezas para practicar. O mellor de todo, conseguimos  o obxectivo de unir ao alumnado nunha actividade coa nosa lingua galega de vínculo de unión na que xerou un gran entusiasmo; tanto que ata o Celta se puxo en contacto con nós e ata recibimos a visita dalgúns dos seus xogadores , así como unha carta de agradecemento da súa presidenta, Mariam Rodríguez Terrazo.

O noso cole convertiuse nun mini estadio onde os xogadores fixeron as delcicias de todos nós.