HOXE TOCA APRENDER ALGUNHAS FRASES FEITAS. ANÍMASTE? MALO SERÁ!
1. Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale
Que significa? Pois que por moi boa relación que se teña,
os cartos son os cartos. Non imos ser flexibles nas negociacións por moita
amizade que haxa.
E seguimos coa vaca como protagonista. A expresión “Outra
vaca no millo” emprégase para indicar que unha persoa actúa igual de mal que
outra ou que un feito ou acción é igual de inconveniente que outro anterior.
Equivale a “Outro que tal baila” ou a Eramos poucos e pariu a avoa! (por se xa
non houbese cousas malas ata o momento, chega outra máis).
3. Galiña vella fai bo caldo
É un eloxio
á xente maior, especialmente ás mulleres. A veteranía é un grao. Ao igual que unha galiña vella aporta un
sabor delicioso ó caldo, as mulleres maiores teñen moito que aportar pola súa
experiencia. Podemos aprender moito delas.
Ten connotacións negativas. Refírese a que a conduta inapropiada dunha persoa é reiterativa. Fai continuamente o que é innato e está na súa natureza.
5. Polo pan baila o can
Pola interese de lograr algo, faise o que sexa preciso.
6.
Caer da burra
8. Non vaia ser o demo
Somos previsores e algo supersticiosos. Así que, para que
arriscarse a algo sen necesidade? Evitémolo, non vaia ser que aconteza algo
malo. Aseméllase ao significado de “por se acaso” ou “máis vale previr que
curar”.
9. Marcho, que teño que marchar
Frase redundante onde as haxa, aclara que non marcha porque quere senón porque cómpre facelo.
10. Malo será☝
Trátase dunha expresión moi empregada na nosa terra, que invita ao optimismo. Ven dicir que, aínda que haxa adversidades, sempre se sae adiante.
11. Nunca choveu que non escampara
En liña co optimismo da expresión anterior. Significa que as malas rachas non duran por sempre.
12. Se chove, que chova
Conformámonos co que hai. Se o tempo non é bo, non queda outra que aceptalo.
Con connotacións semellantes ás da expresión anterior. Os galegos resignámonos cando non queda outra opción.
14. Morra o conto!
Trátase dunha invitación directa a que se acabe un tema de conversa ou unha discusión.
15. Quedar como un Pepe
Estar satisfeito despois de comer. Ten connotacións positivas.
Lograr algo á primeira. Por exemplo, se imos co coche a unha praia abarrotada en pleno mes de agosto e aparcamos de inmediato, poderiamos dicir: “Foi chegar e encher”.
17. Ser un miñaxoia
Aplícase a unha persoa que non ten maldade nin astucia. É coitada e inxenua.
18. Tarde piaches!
Dicímosllo a unha persoa que ofrece a súa opinión,
desacordo ou resposta a algo cando xa non
ten sentido porque é demasiado tarde.
Podería telo dito antes porque xa non
se está a tempo de facer cambios.
19. O que ten cu, ten medo
Non hai ninguén que non pase medo nun momento determinado…
20. Ser máis listo
que un allo