Velaí vai a receita elaborada por Antonela de 2º ESO B
xoves, 25 de febreiro de 2021
martes, 23 de febreiro de 2021
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!
luns, 22 de febreiro de 2021
NOVA RECEITA ELABORADA POR CAYETANA BOUBETA VÁZQUEZ
RECEITA TRADICIONAL elaborada pola nosa alumna Cayetana ( 2º ESO B ) e máis a súa avoa.
PROBADE A FACELA E COMPARTIDE CON NÓS OS VOSOS VÍDEOS.
domingo, 21 de febreiro de 2021
venres, 19 de febreiro de 2021
AS NOSAS VERBAS FAVORITAS
Desde o Departamento de lingua galega, igual que se fixo en lingua castelá, eleximos, por votación, aquelas verbas que consideron os noso alumnos as máis fermosas do galego.
A través deste vídeo, teredes as que foron elexidas polos alumnos dos distintos cursos , desde Educación infantil ata 6º Educación primaria e, cos maiores, desde 1º ESO ata 2º Bach, as verbas seleccionadas, foron utilizadas para crear un texto literario onde se recolleron todas .
Disfrutade coa musicalidade, agarimo e tenrura coa que soa a nosa lingua.
domingo, 14 de febreiro de 2021
venres, 12 de febreiro de 2021
TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO : FELIZ SAN VALENTÍN!
Hoxe é un bo día para celebrar o día dos namorados, pero, por que celebramos o 14 de febreiro o día dos namorados? E, quen era es tal Valentín para que o nomearan santo, faíscas?
Pois...Valentín, que era un bondadoso médico romano, decidiu facerse cristián e ordenarse sacerdote, e como tal oficiou unha chea de vodas entre mozos namorados. O problema estaba en que daquela , corría o ano 270 d.C, os soldados non podían casar, pois pensábase que renderían máis solteiros que casados no campo de batalla ( xa sabedes o brutos que eran os romanos); non obstante, moitos soldados quixeron facelo e Valentín ...rompeu as normas e decidiu casar ás parellas baixo o ritual cristián ás escondidas dos romanos.
Por iso, foi perseguido, encerrado e finalmente executado un 14 de febreiro. O relixioso , así pasou a converterse nun mártir e referente de todos os namorados e a partir do ano 494 d.C., a celebración do Día dos Namorados na festividade de San Valentín; polo tanto, hai quince séculos que celebramos esta data tan especial e os nosos alumnos, como non podía ser doutra forma, tamén definiron, cos seus textos, que é o AMOR para eles.
Neta terceira edición do noso concurso tan doce e especial, queremos trasladar os nosos parabéns a Marcos Valia García González, alumno de 1º A, pola tenrura, paixón e admiración coa que lle dedicou ao seu avó o texto.
Parabéns , Marcos!!
martes, 2 de febreiro de 2021
FESTA DAS CANDELAS: 2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA.
Hoxe é o día da Candeloria. “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa”, di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian a vindeira chegada da primavera .
"Pola Candeloria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra"
"Cando a Candeloria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"
Canto aprendemos grazas á nosa cultura. Non deixes de utilizar a lingua da nosa cultura.
-
Haber máis que verzas na ola: Haber outra razón. Non lle cocer o forno a alguén: Ser impaciente. Andar a cazola emprestada: Comer de balde...