martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!

 

Imaxe orixinal de Pablo Carreiro, ilustrador

𝘿𝙄𝘼  𝘿𝙀  𝙍𝙊𝙎𝘼𝙇𝙄𝘼

Polas rúas de Santiago
Pasaron as túas penas. 
Polos vales e montañas
Soaban nos teus poemas
Badaladas de xustiza
Para a nosa triste terra. 

Cando brincaba nos ventos
A campá de Bastavales
Polo teu maxín pasaban
Os máis fermosos lugares
Que amencían na Galiza
Sementándoa de  verdades. 

Abride a fiestra a un mar
Que arrecende a vida
E que medra nas almas
Dos Galegos. 

Abre a fiestra ó teu mar, 
Poderosa Galiza, 
E leva novos soños
Polos ventos. 

Luciano do Monfadal

Ningún comentario:

Publicar un comentario