venres, 12 de febreiro de 2021

TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO : FELIZ SAN VALENTÍN!

Hoxe é un bo día para celebrar o día dos namorados, pero, por que celebramos o 14 de febreiro o día dos namorados? E, quen era es tal Valentín  para que o nomearan santo, faíscas? 

   





Pois...Valentín, que era un bondadoso médico romano, decidiu facerse cristián e ordenarse sacerdote, e como tal oficiou unha chea de vodas entre mozos namorados. O problema estaba en que daquela , corría o ano 270 d.C,  os soldados non podían casar, pois pensábase que renderían máis solteiros que casados no campo de batalla ( xa sabedes o brutos que eran os romanos); non obstante, moitos soldados quixeron facelo e Valentín ...rompeu as normas e decidiu casar ás parellas baixo o ritual cristián ás escondidas dos romanos.

Por iso, foi perseguido, encerrado e finalmente executado un 14 de febreiro. O relixioso , así pasou a converterse nun  mártir e referente de todos os namorados e a partir do ano 494 d.C., a celebración do Día dos Namorados na festividade de San Valentín; polo tanto, hai quince séculos que celebramos esta data tan especial e os nosos alumnos, como non podía ser doutra  forma, tamén definiron, cos seus  textos, que é o AMOR para eles.

Neta terceira edición do noso concurso tan doce e especial, queremos trasladar os nosos parabéns a Marcos Valia García González, alumno de 1º A, pola tenrura, paixón e admiración coa que lle dedicou ao seu avó o texto.


Parabéns , Marcos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario