martes, 2 de febreiro de 2021

FESTA DAS CANDELAS: 2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA.

 

Hoxe é o día da Candeloria. “A partir da candeloria, ningunha ave voa soa”, di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian a vindeira chegada da primavera . 

As nosas avoas sábenno e sempre se valen dos refráns e...que mellor maneira hai de aprender que así: 

Cando a candeloria chora, medio inverno vai fóra; e que chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”

"Pola Candeloria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra"

"Cando a Candeloria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, aínda o inverno está dentro"

Canto aprendemos grazas á nosa cultura. Non deixes de utilizar a lingua da nosa cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario