venres, 28 de maio de 2021

ENTREVISTADOS POR UXÍA, LOCUTORA DA COPE VIGO

O venres, 28 de maio, os alumnos e as súas respectivas profesoras foron entrevistados pola redactora da Cadena Cope, Uxía Perdiz.

Por mor da pandemia non puido ser presencial, pero disfrutaron coma ananos unha vez máis.


xoves, 27 de maio de 2021

REC-CURTA 2021

Onte pola tarde, 26 de maio, entregáronse os premios literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola súa décimo sétima edición, e os da duodécima edición do certame de curtametraxes REC-Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio de Cans e das editoriais galegas. 

O acto foi presentado por Charo Valeirón Soñora, encargada do Departamento de Inovación pedagóxica de Escolas Católicas, acompañada do presidente da xunta directiva, Juan Manuel Buján e polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.  

Os nosos alumnos presentaron dúas curtametraxes; A lenda da virxe do leite, presentado por Gabriel, José Luis, Alexandre, Ana , Aurora e Alejandro de 4º C, A miña vida nas túas mans , de 4º B, composto polo equipo formado por Ruth, Leyre, Noa, Ana, Loaira, Zoe,  Martín, Fer, Yago, Santi, Isaac e Wen.

Hoxe é un gran día e debemos felicitalos, pois ámbalas dúas curtas tiveron premio ao traballo en equipo e á integración dos valores, respectivamente.

En setembro, que é cando se celebrará o festival de Cans, serán os invitados de honor.

Parabéns a todos por participar!!!





Parabéns a todos!




luns, 17 de maio de 2021

DESAFÍO 48 HORAS EN GALEGO!



O desafío de falar en galego durante 48 horas en galego!


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do cole que propoñervos un reto. O reto de falar galego durante dous días seguidos. Así, os días 18 E 19 de maio de 2021, esperamos que os nosos alumnos, os profesores e o persoal de administración e servizos participedes no Desafío 48 h, algún de vós intentarao só durante o horario escolar e a maioría procurará facelo tamén fóra, esperemos, nos diversos ámbitos e contextos en que viven día a día: familia, deporte, grupo de amigos... Unha proposta coa que pretendemos fomentar a lingua galega entre a nosa mocidade e reforzala .


Animádevos!! Xuntos conseguirémolo! 






DÍA DAS NOSAS LETRAS: XELA ARIAS

 

Todos os alumnos do colexio traballaron e aprenderon quen é a persoa á quen este ano se lle dedica o día das letras: Xela Arias. Por iso, desde todos os niveis e coas profesoras, os rapaces fixeron o seu labor querendo celebrar así a importancia das nosas letras traballándoo de distintas maneiras: PPT, bailes, crucigramas, vídeos, exposicións orais...e como pequena mostra, compartímosvos o seu labor.





domingo, 2 de maio de 2021

FELIZ DÍA A TODAS AS NAIS!


Tiña unha fita roxa no cabelo.
lembro todas as flores dos meus vasos de nena.
Tiña bicos a tarde,qué tesouro,
e bulía en buratos para dentro dos teus ollos.
A tarde tiña áas de paxaro,quentiño,quentiño,
as túas mans,riscadas do traballo,
calaban moitas veces para carexarme miúdo…
Eran días sen medo ós corvos sobre a testa
porque todo era estrela.
Logo,qué logo,houbo voar de follas,nomes,xentes.

Abrin portas,pecheiras;non se acouga con tanta multitude;
corrín a ser muller.E na tola carreira,perdín a fita roxa
que me chamaba nena.Debeu levala o vento
co froito dos anos,meus anos…

¿Pra qué terían áas de paxaro os dedos
que niñaban limpezas no cabelo?

Nai onte laveiche os ollos.E na palma mollada
repousaron aquelas tardes,a fita dunha vida mellor.

Ollos da miña nai.Cobizos de lareira sempre ao fogo.
¡Seica os ventos vos perden ou vos choran!…
Sen eles,a miña historia non ten ollos



Torres, Xohana (1953) in Aturuxo. Revista de Poesía e Crítica