sábado, 13 de maio de 2023

Entrega de premios Rec-curta 23


O venres, 12 de maio, foron entregados, no MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia), ás cinco da tarde, en Santiago de Compostela, uns galardóns moi especiais: os premios Rec-curta, premios para as curtametraxes feitas polo alumnado que contan co apoio da Consellería de educación e a secretaría xeral de política lingüística e coa rede de Escolas católicas.

É esta unha actividade de potenciación e dinamización da lingua galega no eido audiovisual, terreo que soe facer as delicias dos nosos alumnos que disfrutan un montón dedicando o seu tempo á elaboración do guión, selección do elenco de actores, a edición, dirección, etc. 

No citado acto, correspondente á décimo novena edición, A regueifeira Lupe Blanco foi a encargada de conducir o acto e de facer entrega dos premios aos alumnos de 2º ESO do noso colexio que foron recoñecidos con cinco premios excepcionais: un recoñecemento ao mellor guión e dirección pola curta As sombras dunha vida, que levou tamén o premio ao mellor actor e que recaeu en Pablo Pérez Díaz, mellor guión adaptado por Maruxa que levou tamén o premio á mellor actriz e que foi para Uxía Barros Gabriel e RRSS levou o premio ao mellor guión orixinal e o seu fotograma; de feito Martina Rodríguez Mouriño cedeu os seus dereitos para ser cartel principal nos premios. 

Parabéns a todos e cada un dos alumnos que prestaron o seu tempo e dedicación á creación da súas curtas: Esther Alonso Rodríguez, Valeria Gil Álvarez, Lara Villar Losada, Candela Cid Freiría, Jaime González-Rae Arias, Josep Yabeta, Elena Costas Fernández, Diana Duarte Pérez, Antón Valcárcel Villanueva, Nicolás Maldonado, Manuel Gutiérrez Rivera, Lucas Pereiro Pérez e Adrián Rodríguez Gómez por Maruxa ( 2º A).

Parabéns a Iria Cordero Pitarque, Marta Dorelle Rodríguez, Martina Pórrez Bravo, Lucas Vázquez Pérez, Valentina Ruíz Villa, Uxía Gaitero Fernández, Borja López Barros,  Mina Cartea Teijeiro, Leyza Balboa Fernández, Pablo Gil Barral, Daniel Pereira Silva, Germán Rial Fernández e Juan Lourido Vila por: As sombras dunha vida (2º B).

Parabéns a Iria Suárez González, Noelia Barros Monroy , Victoria Amoedo Prieto, Sabela Conde Gil, Keilin Nicole Guevara Hernández, Héctor álvarez Rodríguez, Iago Aguilar Pérez,Álvaro Miera Freire, Pedro Martínez Borrajo, Mario Sánchez de Ibargüen Crego, María Del Valle Puga, María Febrero Barros y Martina Rodriguez Mouriño por RRSS .(2º C) 

Parabéns pola vosa paixón, por traballar en grupo, por compartir momentos entrañables, por disfrutar facendo unha actividade gratificante , por todo, polo voso traballo!!

luns, 6 de marzo de 2023

MES DE MARZO, MES DAS CRENZAS E DAS SUPERSTICIÓNS !

Os nosos maiores afirman que a lúa de marzo é a máis indicada para podar as árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente e, por suposto, para que naza ben o millo, débese sementar en minguante que é a mellor lúa para debullalo e que non colla cogollos nin quente o saco. 

Os galegos, outra cousa non, pero temos una cultura moi rica que non debemos pasar, sobre todo se non queremos perder as colleitas.  Lembra o refrán: "En marzo medra a herba, aínda que a golpeen cun mazo". (Queren dicir, iso a primavera chega en marzo, o que fai prosperar tanto os cultivos como os pastos.)
E falando de non perder os noso costumes máis tradicionais, como cada mes, os nosos corredores, coa entrada do novo mes, vístense cun novo refrán. Velaí van!




E, para os amantes do campo, aí vai o almanaque de cultivo por meses

XANEIRO: Na lúa minguante sementaranse os allos, ademais dos tirabequees, tamén se plantarán os repolos.

FEBREIRO: No minguante pódanse as parras, maceiras, pereiras … e tamén se poden sementar unhas patacas de cedo

MARZO: Plantamos repolos, coliflor, coles, espinacas, cebolas… No invernadoiro xa se poden plantar pementos e tomates.

ABRIL: Na lúa minguante plantamos as patacas, trasplantanse os sementeiros de tomates, pementos, sandias, melons, pepinillos, calabacín

MAIO: Seméntanse as fabas de Lourenza e as xudías. No referente ás parras cando empezan a florecer empézanse a aplicar as primeiras mans de xofre e cobre.

XUÑO: En San Pedro antes de que salga o sol recollemos os allos, para que non entren na familia as bruxas durante o resto ano. 

XULLO: Aplicaráselle a última man de sulfato e xofre ás uvas. Na última semana do mes cortaranse os fillos das parras que sobresaen para favorecer o crecemento e maduración dos acios.

AGOSTO: No minguante de agosto arrincaremos as cebolas, unha vez este a rama seca.

SETEMBRO: Sementamos os nabos e tamén se recollen as patacas e as cenorias. Sementamos as cebolas e os repolos que trasplantaremos en marzo.

OUTUBRO: No minguante podamos as roseiras.

NOVEMBRO E DECEMBRO: No minguante podemos sementar os allos e tamén sementar nos sementeiros tomates e pementos en invernadoiro.

xoves, 23 de febreiro de 2023

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 POEMA DE ROSALÍA

Os nosos alumnos traballan desde hai tempo a figura da nosa autora e coñeceron datos relevantes sobre a súa vida e obra.Foron biógrafos, criticos literarios, editores, poetas...

A continuación, compartímosvos algúns dos seus fantásticos traballos, pois non só recabaron información senón que aprenderon a declamar algunhas das súas mellores composicións e editaron vídeos nos que recolleron o máis salientable sobre a nosa benquerida escritora.

ARTURO LOUREIRO (1º ESO B)



FREDD MARÓN (1º ESO C)

DANIEL GIL RAMOS(1º ESO B)





mércores, 22 de febreiro de 2023

SOBREMESAS TÍPICAS DO ENTROIDO ELABORADAS POLOS NOSO ALUMNOS.

 Os nosos alumnos de 1º da ESO, Freed e Elena, fixeron unhas deliciosas sobremesas típicas do entroido e comparten con nós a súa receita.

Probade a ver se vos saen así de ben.

Bo proveito!😉😋😋