luns, 6 de marzo de 2023

MES DE MARZO, MES DAS CRENZAS E DAS SUPERSTICIÓNS !

Os nosos maiores afirman que a lúa de marzo é a máis indicada para podar as árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente e, por suposto, para que naza ben o millo, débese sementar en minguante que é a mellor lúa para debullalo e que non colla cogollos nin quente o saco. 

Os galegos, outra cousa non, pero temos una cultura moi rica que non debemos pasar, sobre todo se non queremos perder as colleitas.  Lembra o refrán: "En marzo medra a herba, aínda que a golpeen cun mazo". (Queren dicir, iso a primavera chega en marzo, o que fai prosperar tanto os cultivos como os pastos.)
E falando de non perder os noso costumes máis tradicionais, como cada mes, os nosos corredores, coa entrada do novo mes, vístense cun novo refrán. Velaí van!




E, para os amantes do campo, aí vai o almanaque de cultivo por meses

XANEIRO: Na lúa minguante sementaranse os allos, ademais dos tirabequees, tamén se plantarán os repolos.

FEBREIRO: No minguante pódanse as parras, maceiras, pereiras … e tamén se poden sementar unhas patacas de cedo

MARZO: Plantamos repolos, coliflor, coles, espinacas, cebolas… No invernadoiro xa se poden plantar pementos e tomates.

ABRIL: Na lúa minguante plantamos as patacas, trasplantanse os sementeiros de tomates, pementos, sandias, melons, pepinillos, calabacín

MAIO: Seméntanse as fabas de Lourenza e as xudías. No referente ás parras cando empezan a florecer empézanse a aplicar as primeiras mans de xofre e cobre.

XUÑO: En San Pedro antes de que salga o sol recollemos os allos, para que non entren na familia as bruxas durante o resto ano. 

XULLO: Aplicaráselle a última man de sulfato e xofre ás uvas. Na última semana do mes cortaranse os fillos das parras que sobresaen para favorecer o crecemento e maduración dos acios.

AGOSTO: No minguante de agosto arrincaremos as cebolas, unha vez este a rama seca.

SETEMBRO: Sementamos os nabos e tamén se recollen as patacas e as cenorias. Sementamos as cebolas e os repolos que trasplantaremos en marzo.

OUTUBRO: No minguante podamos as roseiras.

NOVEMBRO E DECEMBRO: No minguante podemos sementar os allos e tamén sementar nos sementeiros tomates e pementos en invernadoiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario