venres, 20 de decembro de 2019
xoves, 19 de decembro de 2019
Suxestión para a cea de Nadal
Hoxe queremos traervos unha suxestión para a cea familiar de Nadal. Se facedes a proba, non dubidedes en compartir o vídeo ou a imaxe con nós, ben a través do correo como polos vosos fillos.
Velaí vai un primeiro prato e unha doce sobremesa. Bo proveito e boas fiestas en familia!
Velaí vai un primeiro prato e unha doce sobremesa. Bo proveito e boas fiestas en familia!
luns, 9 de decembro de 2019
Homenaxe aos maiores
Os nosos alumnos de 2º ESO, foron visitar , nunhas datas moi entrañables, aos maiores da residencia Santa Marta, compartindo con eles o seu cariño e sendo conscientes da importancia de compartir o máis valioso que temos: o tempo.
Os maiores son o espello no que debemos mirarnos, pois necesitan todo o noso cariño e paciencia, ingredientes fundamentais da receita para coidar deles. Non podemos esquecer que son os piares das nosas vidas, que nos coidaron, acompañaron , ensinaron e agora é o momento de demostrarlles a nosa gratitude por darnos unha vida. Algún día, eses maiores seremos nós!
Grazas a todos eles!
domingo, 8 de decembro de 2019
venres, 6 de decembro de 2019
luns, 2 de decembro de 2019
domingo, 1 de decembro de 2019
mércores, 27 de novembro de 2019
luns, 25 de novembro de 2019
mércores, 20 de novembro de 2019
Día universal do neno
Hoxe é o 20 de novembro , un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás personas da importancia de traballar, día a día, polo seu benestar e desenvolvemento.
UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos. Este 2019 coincide co 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), polo cal é un motivo de dobre celebración para todos.
Desde o colexio, reflexionamos sobre a necesidade de axudar a concienciar sobre a situación.
sábado, 16 de novembro de 2019
Día da tolerancia, 16 de novembro
A tolerancia, nin indulxencia nin indiferenza: respecto!
saber apreciar a riqueza e a variedade das culturas do mundo e as distintas formas de expresión dos seres humanos. A tolerancia recoñece os dereitos humanos universais e as liberdades fundamentais dos outros. Só a tolerancia pode asegurar a supervivencia de comunidades mixtas en cada rexión del mundo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...













