Desde o noso colexio , o EDNL , queremos desexarlles unha boa entrada no ano que entra mañá é que veña cargado de moita saúde, paz, harmonía e Bos desexos que confiamos en que se materialicen.
Feliz 2018 para toda a comunidade educativa, as familias e para todos os que formamos parte do Centro!!
sábado, 30 de decembro de 2017
domingo, 26 de novembro de 2017
martes, 21 de novembro de 2017
Impresionante a beleza das nosas fervenzas! Non hai como a Nosa Terra nada comparable.
Disfrutade e facede por visítalas. Moi recomendable.
Disfrutade e facede por visítalas. Moi recomendable.
venres, 17 de novembro de 2017
Ola a todos! Quérome presentar. Son eu, Patuxa, a Lura que vos vai acompañar outro curso máis é que estará encantada de que a acompañedes e axudedes nesta viaxe alucinante que faremos xuntos..
o meu creador, Saúl, deume vida para poder afrontar todo un reto. E vou traballar para conseguilo.
Estaremos traballando os membros que conformamos o EDNL e os departamentos para conseguir preservar o noso: a nosa cultura, gastronomía, música, literatura, e, sobre todo, a nosa lingua.
o meu creador, Saúl, deume vida para poder afrontar todo un reto. E vou traballar para conseguilo.
Estaremos traballando os membros que conformamos o EDNL e os departamentos para conseguir preservar o noso: a nosa cultura, gastronomía, música, literatura, e, sobre todo, a nosa lingua.
sábado, 11 de novembro de 2017
Bendita esquiniña!
Somos esa esquiniña de España que está máis ben esquecida para todo, agás para as burlas do noso acento e para tildarnos de paletos. Pero unha tras outra demostramos de que estamos feitos os galegos . Ante o Prestige remangamos as mangas e veña a quitar chapapote, no accidente de Angrois convertémonos en médicos, enfermeiros, psicólogos e o que fixera falta, e agora fixemos dun caldeiro de auga a nosa mellor ferramenta. Bendita esquiniña, bendito acento e benditos"paletos"
A Lura Patuxa
Aquí está, xa chegou a hora de traballar todos xuntos da man da nosa mascota. Sabedes quen é? Non podía ser outra. A Lura Patuxa.
Para a semana que vén, hase presentar! Ata pronto Patuxa!
Os dereitos dos nenos
Os maiores debemos inculcar e dar amor aos máis cativos para que crezan seguros de sí mesmos, para que aprendan que, con cariño, as cousas ben feitas saen mellor e, no caso necesario de corrixir, non empregar ningún tipo de violencia: nin fisica nin verbal.
Porque as nosas mans deben ensinar e non pegar.
Porque as nosas mans deben ensinar e non pegar.
venres, 10 de novembro de 2017
Velaí unha pequena mostra do no traballo feito polos alumnos de 4º C
Non hai nada mellor que un traballo ben feito. Si, señor! Por iso dá gusto mirar o resultado.
Aquí tedes a posibilidade de consultar a páx web que crearon Juan Gil Pérez , Miguel Martínez, Alejandro Gago e Miguel Lago para conmemorar o día das nosas letras e render unha sentida homenaxe ao seu autor: Carlos Casares Mouriño.
Aquí tedes a posibilidade de consultar a páx web que crearon Juan Gil Pérez , Miguel Martínez, Alejandro Gago e Miguel Lago para conmemorar o día das nosas letras e render unha sentida homenaxe ao seu autor: Carlos Casares Mouriño.
xoves, 9 de novembro de 2017
O sábado 18 de novembro ás 20:30h a Concellería de Igualdade proxectará no Auditorio municipal o filme " A palabra xusta", un documental de Miguel Piñeiro.
Como di Aurora Marco "unha historia que segue o percorrido vital da mestra Antía Cal. Unha traxectoria que encheu de admiración e de emoción a sala do cine. Quen se move no mundo da educación, quen anda na busca dunha educación igualitaria, quen quere que se recoñeza o lugar que as mulleres ocupamos no mundo, non debería deixar de ver A palabra xusta".Título: A Palabra Xusta
Xénero: documental
Dirección: Miguel Piñeiro. Ano: 2016
Duración: 74 minutos
Producción: Atlantis Multimedia
Apta para todos os públicos e co distintivo Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
Lugar: Auditorio municipal do Concello de Vigo. Praza do Rei
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Máis información do filme en documentos adxuntos
ARQUIVOS ADXUNTOS:
DOSSIER_DISTRIBUCION_GALEGO.pdf 3026 KB
DOSSIER_DISTRIBUCION_GALEGO.pdf 3026 KB
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...