luns, 28 de setembro de 2020



Renóvate en galego vai ser o noso obxectivo para traballar este novo curso( aproveitando o obxectivo do curso: Comprometerser coa vida é renovarse) e no que a nosa lura Patuxa muda para ser un polbo que, cos seus oito raxos traballará, dun xeito simbólico, ramas ou materias como: o folclore galego, a gastronomía, os xogos tradicionais, a literatura, as festas, a paisaxe galega, arte e historia e lendas galegas...todo para que a cabeza pensante do polbo artelle distintas accións sobre as profesións que se encargan do estudo das ramas antes citadas, pois temos que renovarnos para mellorar as competencias plurilingüísticas dos nosos alumnos, pois son quen lles dá sentido á nosa profesión.

Presentámosvos a Lito, a nosa nova mascota. Imos aprender moito con el, pois vén aprendido da nosa Patuxa e vainos conquistar. 

Benvidos a un novo curso escolar!!


 

 

martes, 1 de setembro de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Setembro

SETEMBRO:

- As castañas, en agosto arder e en setembro beber.
- Setembro froiteiro, ledo e festeiro.
- San Miguel das uvas maduras, moito me tardas, pouco me duras.
- San Miguel das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.
- Choiva outoneira por San Mateo, a primeira. Vendima feita e palleiro cerrado, fóra criado

sábado, 1 de agosto de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Agosto

AGOSTO:

- No mes de agosto, tosto.
- A chuvia no mes de agosto non é auga, é mel e mosto.
- Agosto, frío no rostro.
- A lama de agosto bota ao home a pedir.
- A lama de agosto e o vento de abril, Deus nos libre dil.
- En agosto secan os montes e en setembro as fontes.

mércores, 1 de xullo de 2020

Frases feitas sobre o tempo: Xullo

XULLO:

- Cando Santiago é normal, pouca auga na fonte e menos no manantial.
- Cando o Santiago non mexa, Santa Ana levanta a saia.

luns, 1 de xuño de 2020

Frases feitas sobre o tempo. Xuño

XUÑO (SAN XOÁN):

- Mes de San Xoán, mes de fogueiras, sardiñas e pan.
- San Xoán claro, vale máis cás mulas e o carro.
- En San Xoán, anda o cabalo ruán no pan .
- A auga de San Xoán, leva o viño e non dá pan.
- No San Xoán, a sardiña molla o pan.
- Por San Xoán saca as patacas e recolle o pan .
- En San Xoán tanto queixo coma pan.

domingo, 17 de maio de 2020

Mil primaveras máis para a nosa lingua

Mil primaveras máis

Letras galegas 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

Ricardo Carballo Calero

A celebración do Día das Letras Galegas adiase a outubro polo coronavirus, coincidindo co Samaín e coa data de nacemento do autor.




Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movimento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

     O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"— que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movimento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.
     Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
     Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.


XOGOS SOBRE AS NOSAS LETRAS

Desde o EDNL queremos compartir con vós determinados enlaces aos que podedes acceder para aprender dunha maneira lúdica e divertida sobre as nosas letras galegas e a figura de Ricardo Carvalho Calero:

martes, 12 de maio de 2020

12 de maio, día escolar das matemáticas




" As matemáticas son a linguaxe da natureza"

Algunhas das suxestións de lecturas que vos propoñemos para traballar as matemáticas son, entre outros:
Fibonacci: el soñador de números de Joseph D,Agnese ( a partir de 6 anos)
La selva de los números de Ricardo Gómez( 5 a 8 anos)
El asesinato del profesor de matemáticas de Jordi Sierra i Fabra( a partir de 10 anos)
Planilandia de Edwin A. Abbott ( a partir de 12 anos)
Malditas matemáticas, Alicia en el país de los números de Carlo Frabetti ( 12 anos)
El diablo de los números de Hans Magnus Enzensberger ( a partir de 10 anos)
La sorpresa de los números de Anna Cerasoli ( 10 anos)
Los diez magníficos de Anna Cersoli ( a prtir de 10 anos)
El contable hindú de David Leavitt ( maiores de 12 anos)
La fórmula preferida del profesor de Yoko Ogawa ( 10-12 anos)
El tío Petros y la conjetura de Goldbach ( a partir de 12 anos)
El ocho de Katerine Neville ( a partir de 14 anos)
El asesinato de Pitágoras de Marcos Chicot ( 14 anos)
La incógnita Newton de Catherine Shaw ( 14 anos)

A disfrutar das matemáticas dun xeito divertido! Boa lectura e boa aprendizaxe!!