O venres, 9 de marzo, ás cinco da tarde, na facultade de Telecomunicacións do Campus de Vigo, oito alumnas de 2º ESO, presentáronse ao concurso novos talentos Coca cola en lingua galega. O obxectivo do concurso é o de promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura entre os alumnos de 2º da ESO e o de axudarlles a cumprir o seu soño de se convertiren en escritores. Candela, Andrea, Ania, Susana, Antía, Elena, Lucía e María Xosé, subiron ao CUVI cargadas de ilusión, con moitos nervios pero coas súas mochilas cheas de posibles historias coas que evidenciar o seu talento literario.Contentas co que escribiron, sobre as sete e media, remataron o seu exercicio que tivo como estímulo literario un taboleiro onde estaba escrito:" profe;: pasaporte ao futuro".