venres, 17 de maio de 2019

ANTONIO FRAGUAS




Con motivo da celebración do día das nosas letras, Noemí, Elena, Irene, Alba, Carmen e Javi, crearon este vídeo, coa colaboración dos alumnos de 1º ESO, Lucas e Pedro (voces do arquivo sonoro que identificamos co pai do noso autor e Antón de neno, ademais do profesor,  Abraao)  sobre o autor homenaxeado: ANTÓN FRAGUAS, de quen destacamos a súa traxectoria persoal e profesional na defensa da lingua e a cultura galegas; así coma o seu labor como profesor de instituto en A Estrada, Lugo e Santiago ata a súa xubilación. 

Nado en 1905 en Cerdedo-Cotobade, concretamente na Insuela, e finado en 1999 en Santiago de Compostela, Antón Fraguas foi unha das figuras clave no ámbito intelectual e galeguista do século XX, que destacou, sobre todo, polos seus traballos coma historiador e antropólogo.

Discípulo de Castelao e de Losada Diéguez -de quen foi alumno de bacharelato en Pontevedra-, pasou a súa etapa universitaria en Santiago de Compostela onde en 1928 se licenciou en Filosofía e Letras. Posteriormente doctorouse na Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca.

Foi na capital, en Santiago, onde pasou a formar parte activa da intelectualidade galeguista da época, xa que ingresou nas Irmandades da Fala e comenzou a colaborar nas seccións de Xeografía e de Etnografía e Folclore do Seminario de Estudos Galegos. Dentro do Seminario iniciouse no estudo da xeografía histórica de Galicia (con especial atención ás nosas Rías Baixas e á zona de Cercedo-Cotobade, onde nacera), e dos costumes arredor do Entroido. 

En maio de 1951 ingresou na Real Academia Galega, na cadeira que deixou o seu profesor Alfonso Rodríguez Castelao; e en 1963 foi nomeado director do actual Museo do Pobo Galego. Tamén tivo responsabilidades no Consello da Cultura Galega (onde coordinou a sección de Antropoloxía), foi membro numerario da Real Academia Galega de ciencias e da Real Academia da Historia; e exerceu coma Cronista Oficial de Galicia (desde 1992), entre outros.

No seu haber figuran recoñecementos coma o Premio Trasalba en 1985, o premio Otero Pedrayo en 1992, a Medaia Castelao, e o premio das Artes e das Letras en Galicia. 

Entre as súas obras figuran ensaios en galego sobre Murguía, a Literatura oral en Galicia, sobre o Entroido, ou sobre as festas populares. Tamén publicou en castelán obras sobre a geografía de Galicia ou o traxe galego, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...