venres, 3 de maio de 2019

Gran tarde de colleita de premios na Décima edición do concurso REC-CURTA











Acto de entrega premios Sarmiento e Rec-Curta


Hoxe pola tarde, entre as 17.00 h e as 19.00 h no Salón Carlos V do Hotel Monumento San Francisco entregáronse os premios literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola súa décimo quinta edición, e os da décima edición do certame de curtametraxes REC.Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio de Cans e de Mediamarkt. O acto foi conducido pola comunicadora e locutora Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján.
Os nosos alumnos presentaron tres curtametraxes; Sempre en nós, presentado por Irene, Noemí, Carmen, Lucía e Marta de 4º C, Medo á verdade , de 4º A( Javier, Belén, Nieves, Cristina, María Rosada, María Vila, Elena, Natalia e Juliana, tamén coa axuda de Paula e Jose e Os García, de 4º B con Tomás, Aroa, Nico, Laura López, Laura Tejada, Cris, Javier, Alberto, Miguel e Hugo.
Hoxe é un gran día e debemos felicitalos, pois todas as curtas tiveron premio e viñemos para casa con seis premios importantes coma o de mellor actriz, que recaeu en Belén Jiménez, o de mellor música pola creación da letra de rap, para Alberto, Miguel, Javier e Hugo, mellor participación grupal, accésits varios , unha mención especial pola implicación do profesorado e o primeiro premio para a curtametraxe de Os García, que levou por parte de todos os presentes ao acto, todas as ovacións posibles.
Como levaron o mellor premio a mellor película, van como invitados de honor ao festival de  Cans,  a finais do mes de maio.
PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES , AOS PROFESORES E AOS GAÑADORES!! 
BO TRABALLO!!! MELLOR IMPOSIBLE!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...