venres, 17 de maio de 2019

Cal é o motivo da celebración do día das Letras Galegas?




O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas" como data para "recoller o latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluíndo que representa "un fito decisivo na historia da renascencia cultural de Galicia".
Propúñase o día 17 de maio, ao ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese día cando Rosalía de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero( Cecilia Bohl de Faber).

Este ano adícaselle ao ilustre Antón Fraguas vencellado ao Seminario de Estudos Galegos e que destacou nos máis diversos campos do saber humanístico: xeografía, etnografía, folclore, historia, arte...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A RECONQUISTA DE VIGO-VEDRUNA

🏰🛡️ Descubrindo a historia de Vigo! 🏰🛡️ Hoxe os pequenos exploradores do primeiro e segundo aventurámonos polas rúas da nosa querida cid...