mércores, 19 de febreiro de 2020

O NOSO REFRANEIRO

Haber máis que verzas na ola: Haber outra razón.
Non lle cocer o forno a alguén: Ser impaciente.
Andar a cazola emprestada: Comer de balde, gratis.
Ser amasado en mala artesa: Ser de mala condición.
Meter a súa culler: Inmiscirse inoportunamente.

martes, 4 de febreiro de 2020

IMAXES NA MEMORIA


            QUE SERÍA DE NÓS SEN A MÚSICA?
                                      O CORO DE RUADA( 1919)


sábado, 1 de febreiro de 2020

Frases feitas sobre o tempo:Febreiro

FEBREIRO:

- A xeada de febreiro, mata a vaca e mailo leiro.
- Febreiro frebas dá; se non as deu xa as dará.
- Febreiro, frebas dá; se non a deu xa as dará, ou no principio ou no final.
- En febreiro, cada chouta seu regueiro.
- Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duraras máis catro, non quedaba can nin gato, nin hastas ao carneiro, nin orellas ao pigureiro .
- En febreiro, entra o sol en calquera regueiro.
- No febreiro, se ves verdegar, súbete ao alto, e ponte a chorar e, se ves negrear, ponte a cantar.
- En febreiro, soniño de carneiro; en marzo, soniño no brazo.

venres, 31 de xaneiro de 2020

Nesta foto aparece miña avoa paterna á esquerda con dous dos seus primos, están nun camiño polo que levaban ás vacas e aos becerros a pastar.  Non recorda moi ben o día da foto, pero si contoume que pasaban moito tempo en familia facendo as tarefas de cada día xuntos, xuntábanse para a malla do centeo, para a matanza do porco, para recoller o millo e as uvas, todas estas tarefas ela recórdaas coma unha festa. Ela traballaba todos os días no campo, e despois, máis adiante, comezaba a ir ao mercado co meu avó e vendía parte das colleitas no mercado. 

A foto reflexa o que era o día a día dos meus avós, agora miña avoa bota de menos o campo e de cando en vez, vamos á aldea e pasamos uns días alí, ela o disfruta moito.

venres, 10 de xaneiro de 2020

IMAXES NA MEMORIA


A GUERRA CIVIL

Durante a guerra civil de 1936, o meu bisavó materno, foi perseguido polo bando contrario ao seu pensamento. Como querían matalo, a súa familia escondeuno neste pozo. El, soamente saía un rato durante a noite para comer e poder estirar o corpo. Estivo así case dous meses ata que deixaron de perseguilo.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

IMAXES NA MEMORIA




                                          EN FAMILIA

IMAXES NA MEMORIA

Neste novo ano, queremos seguir agradecendo todas as imaxes que nos compartides e que gardan toda unha vida sen dicir nada. Nelas se agochan os sentimentos máis insospeitados! Benditas fotos!

romaría en familia

descanso tras un duro xornal