xoves, 22 de decembro de 2022

 Desde o EDNL do colexio, desexámosvos unhas boas festas e unha boa entrada no ano 2023.

Non esquezades que, o mellor que podemos facer é:

1. Desfrutar moito de cada membro da familia: ri con ela, fala moito, abrázaos, escóitaos, quéreos…

2. Vive o Nadal en directo, gardando nas meniñas dos teus ollos cada vivencia , cada momento e éncheo de ilusión.

3. Escríbelle unha postal aos que queiras moito, pois será o agasallo que garden, como lembranza, toda unha vida.

4. Canta moito, sen importar o ton. A música é vida.

5. Le, le moito, tanto que non permitas oxidar os teus coñecementos e nútreos coas historias dos libros.

6. Tira moitas fotos en familia e cos amigos para facer un álbum enchido de recordos inesquencibles.

7.  Cóidate e coida dos teus. Son o teu mellor agasallo.

8. E soña, porque no Nadal, todo se pode facer realidade.


Boas festas, familia!



martes, 11 de outubro de 2022

REFRÁNS E FRASES FEITAS



 
E así empezamos un novo curso escolar, facendo acopio de refráns que nos aprenderon os nosos maiores e que debemos dar a coñecer aos nosos alumnos para que sexan eles os mellores testemuñas da transmisión cultural.
Por unha fonte de sabiduría pura! 

sábado, 25 de xuño de 2022

FELIZ DESCANSO ESTIVAL EN FAMILIA!



A proximidade do verán comeza a facerse notar nas nosas vidas: os días máis longos, a subida de temperaturas, os ceos máis claros, a ausencia de nubes... Todo invita a sacar xa dos armarios as toallas, os traxes de baño, as cremas solares, a roupa máis fresca e deportiva, as sandalias, os sombreiros e as gafas de sol... Que mellor época do ano para gozar da tranquilidade de ler un libro e esquecerse de todos os problemas? Os libros converteranse en compañeiros de xornadas de sol e praia, de saídas ao monte, de recunchos de plácido descanso nas casas despois das comidas e de solpores á beira do mar.
Boa lectura, bo verán para todos e lembra percorrer a túa terra !
Ata setembro!




domingo, 5 de xuño de 2022

Día mundial do Medio Ambiente



O 5 de xuño Nacións Unidas celebra o Día Mundial do Medio Ambiente.
Este ano destacamos, aínda máis, a necesidade de coidar mellor a natureza e restaurar os ecosistemas.
O coidado da terra depende de nós e do mimo que teñamos con ela.

Está nas miñas mans, nas túas, nas nosas.





sábado, 14 de maio de 2022

PREMIOS REC-CURTA


Mellor actriz Sabela González Grossi por Cómplices.

MELLOR EDICIÓN por O silencio roto
Mellor guión por O silencio roto

Mellor música orixinal por Cómplices

Accésit á participación en equipo

Mellor edición por O silencio roto
















Na tarde do xoves, 12 de maio, no Museo pedagóxico de Santiago de Compostela, foron entregados os premios da 18ª edición do certame de curtametraxes REC-Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio de Cans e das editorias galegas.

CÓMPLICES
O acto foi presentado por Charo Valeirón Soñora, encargada do Departamento de Innovación pedagóxica de Escolas Católicas acompañada  de  Juana Mª Otero Torres , secretaria autonómica e polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Os nosos alumnos participaron coas curtametraxes: Cómplices , presentado polos alumnos de 2º C e B, Marcos , Sabela , Laura, Olalla, Paula, Marta, Carla e Arianna Guanipa e O silencio roto, de 2º A, composto polo equipo formado polos alumnos Samantha, José, Laura, Gabriela, Javier, Liam, Lucas Vázquez, Lucas Meana, Manuel, Marina, Sabela, Aldana, Blanca, Miguel, Pedro, Sarah, Xacobe , Zoe e Ánxela.

REC-CURTA serviulles para poñer en práctica as súas capacidades como guionistas, actores e actrices e como creadores das súas propias ficcións cinematográficas en lingua galega ademais de disfrutar dunha maneira lúdica e entretida sen ser conscientes de que estaban a traballar. Os seus traballos foron recoñecidos cos premios á mellor actriz para Sabela González Grossi, mellor música orixinal, mellor edición e guión ademáis de sendos accésits.

Desde aquí, queremos facer unha mención especial para os alumnos de 4º B pola súa participación coa súa curta Venres de lenda.

Hoxe é un gran día e debemos felicitalos, pois ámbalas dúas curtas tiveron uns premios ben merecidos!

Parabéns, rapaces!! Os nosos agradecementos pola vosa disposición ao traballo. 



sábado, 23 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO!

A lectura estimula a empatía, o pensamento crítico a a confianza ao falar; ademais de que axuda a aumentar a capacidade de concentración, a análise e a interpretación de textos: por iso nun día tan especial coma o de hoxe, desde o EDNL e o departamento de linguas, queremos invitarvos a ler.

Ler enriquece e fai ás persoas máis libres e educadas. Le, read, lire, leer...

Recomendámosvos, entre outras lecturas:

A nena do vestido de flores e O que sei do silencio de Andrea Maceiras

Ninguén morreu de ler poesía de Aldoalado

A nena do vestido de flores de Manuel Fontemoura

O conserxe de Xosé Luís Vázquez Somoza

La vida tiene un plan perfecto para ti de Maud Ankaqua

Ardora de Beatriz Máceda 




mércores, 6 de abril de 2022

79 anos do nacemento de O Principiño


 
Hoxe é un deses días especiais que nunca esquecemos os amantes da lectura, pois O Principiño cumpre 79 anos da súa primeira publicación; un libro marabillosos para ler e reler en todas as idades.


Clica no enlace e vive con el aventuras polos distintos planetas aos que viaxa e lembra: " O esencial é invisible aos ollos".