mércores, 14 de febreiro de 2024
SAN VALENTÍN 2024
mércores, 7 de febreiro de 2024
Queres celebrar un entroido único?
Moita xente miuda , este venres, 9 de febreiro ,celebrará unha gran festa de tradición cultural con moitas ganas, con ilusión e disfrazados ademais de facer unha degustación de sobremesas típicas elaboradas por eles mesmos e coa axuda inestimable das avoas ou das mamás!venres, 2 de febreiro de 2024
EL LUNES NOS QUERRÁN (NAJAT EL HACHMI)
Fragmento inicial da novela.
venres, 13 de outubro de 2023
OLIVEIRA DOS CEN ANOS
Que ben soa a nosa lingua de boca de todos os nosos alumnos! Oliveira dos cen anos é todo un himno celeste que serviu para que todo o cole, desde os máis cativos até os maiores entoasen este cántico de corazón e felicitar así ao noso equipo vigués con motivo do seu centenario.
A nosa intención non era outra que a de unir a toda a rapazada do cole cun eixo común: felicitar ao club vigués polos 100 anos de vida que está a celebrar neste 2023 interpretando ao unísono o himno composto por C. Tangana con ese mesmo motivo do centenario, Oliveira dous cen anos.
Foi un éxito rotundo, pois creamos unha auténtica marea celeste no patio que mesmo se puido ver nalgún ensaio os días previos, porque algúns xa levaban as pezas para practicar. O mellor de todo, conseguimos o obxectivo de unir ao alumnado nunha actividade coa nosa lingua galega de vínculo de unión na que xerou un gran entusiasmo; tanto que ata o Celta se puxo en contacto con nós e ata recibimos a visita dalgúns dos seus xogadores , así como unha carta de agradecemento da súa presidenta, Mariam Rodríguez Terrazo.
O noso cole convertiuse nun mini estadio onde os xogadores fixeron as delcicias de todos nós.
sábado, 13 de maio de 2023
Entrega de premios Rec-curta 23



luns, 6 de marzo de 2023
MES DE MARZO, MES DAS CRENZAS E DAS SUPERSTICIÓNS !
Os nosos maiores afirman que a lúa de marzo é a máis indicada para podar as árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente e, por suposto, para que naza ben o millo, débese sementar en minguante que é a mellor lúa para debullalo e que non colla cogollos nin quente o saco.
xoves, 23 de febreiro de 2023
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Os nosos alumnos traballan desde hai tempo a figura da nosa autora e coñeceron datos relevantes sobre a súa vida e obra.Foron biógrafos, criticos literarios, editores, poetas...
A continuación, compartímosvos algúns dos seus fantásticos traballos, pois non só recabaron información senón que aprenderon a declamar algunhas das súas mellores composicións e editaron vídeos nos que recolleron o máis salientable sobre a nosa benquerida escritora.
ARTURO LOUREIRO (1º ESO B)
mércores, 22 de febreiro de 2023
SOBREMESAS TÍPICAS DO ENTROIDO ELABORADAS POLOS NOSO ALUMNOS.
Os nosos alumnos de 1º da ESO, Freed e Elena, fixeron unhas deliciosas sobremesas típicas do entroido e comparten con nós a súa receita.
Probade a ver se vos saen así de ben.
Bo proveito!😉😋😋
xoves, 9 de febreiro de 2023
venres, 27 de xaneiro de 2023
xoves, 22 de decembro de 2022
Desde o EDNL do colexio, desexámosvos unhas boas festas e unha boa entrada no ano 2023.
Non esquezades que, o mellor que podemos facer é:
1. Desfrutar moito de cada membro da familia: ri con ela, fala moito, abrázaos, escóitaos, quéreos…
2. Vive o Nadal en directo, gardando nas meniñas dos teus ollos cada vivencia , cada momento e éncheo de ilusión.
3. Escríbelle unha postal aos que queiras moito, pois será o agasallo que garden, como lembranza, toda unha vida.
4. Canta moito, sen importar o ton. A música é vida.
5. Le, le moito, tanto que non permitas oxidar os teus coñecementos e nútreos coas historias dos libros.
6. Tira moitas fotos en familia e cos amigos para facer un álbum enchido de recordos inesquencibles.
7. Cóidate e coida dos teus. Son o teu mellor agasallo.
8. E soña, porque no Nadal, todo se pode facer realidade.
Boas festas, familia!
-
Ola a todos, meus queridos nenos. Sabesdes quen son? …Pois, o meu nome é Rosalía de Castro e son unha escritora que naceu, como as princesa...









